O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Rehabilitación e acondicionamento da escola unitaria de Solláns para a súa conversión nun espazo colaborativo

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 27 de decembro de 2017 formalizouse o contrato para a prestación do servizo “REHABILITACIÓN E ACONDICIONAMENTO DA ESCOLA UNITARIA DE SOLLÁNS PARA A SÚA CONVERSIÓN NU ESPAZO DE TRABALLO COLABORATIVO entre o Concello e a empresa adxudicataria.

Publicouse no Perfil de Contratante o día 6 de febreiro de 2018.


ADXUDICACIÓN: Por Resolución da Alcaldía de data 29 de novembro de 2017 adxudicouse o contrato para a execución da obra denominada "REHABILITACIÓN DA ESCOLA UNITARIA DE SOLLÁNS PARA A SÚA CONVERSIÓN NUN ESPAZO DE TRABALLO COLABORATIVO" á empresa "CONSTRUCCIONES IGLESIAS MERA, S.L." con estrita suxeición ao Prego de cláusulas administrativas e á súa oferta polo prezo de 122.928.42€, IVE engadido (101.593.74€, máis 21.334.68€ de IVE).


Fixouse o prazo de execución do contrato en 4 meses, contados a partir da data de sinatura da acta de reformulo.

 

A mesa de contratación reunirase o próximo día 14 de novembro, ás 10:00 horas, co obxecto de proceder ao exame da documentación xustificativa das ofertas presentadas incursas en baixa desporporcionada.

Publicado no Perfil do Contratante o día 8 de novembro de 2017.

 

Rematado o prazo de presentación de  proposicións faise público que, de acordo cos pregos de cláusulas administrativas que rexen a contratación, a mesa de contratación estará integrada polos seguintes membros:

Presidente: O alcalde  ou concelleiro que o substitúa.

Vogais:

- Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello.

- Mónica I. Lado Varela, interventora do Concello.

- Ignacio Soto González, arquitecto municipal.

- Concepción García Vázquez, concelleira de comercio, emprego, turismo, administración e mobilidade.

- M.ª Dolores Nariño Facal, concelleira do grupo municipal do PP.

Secretaria: Sandra María García Chenlo, adxunta á secretaría xeral do concello.

Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de comercio, emprego, turismo, administración, e mobilidade por Uxía Lemus de la Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade, o arquitecto municipal polo arquitecto técnico municipal Luis Javier Castro Martínez e a concelleira do grupo municipal do PP por María Vázquez Rey, concelleira do mesmo grupo municipal. A secretaria da mesa será substituída pola administrativa adscrita á secretaría, D.ª M.ª Elena Méndez Buela.

Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A "Documentación administrativa" o día 2 de novembro de 2017, ás 10:00 horas nas dependencias municipais.

A apertura do sobre B "Oferta económica e técnica valorable matematicamente" efectuarase o día 6 de novembro de 2017, ás 10:00 horas en acto de carácter público na Casa do Concello.

Publicouse no Perfil de Contratante o día 26 de outubro de 2017.

 

No Dog 184, de 27 de setembro de 2017, e con anterioridade no BOP núm 183, de 26 de setembro de 2017, publicouse o anuncio de licitación de “REHABILITACIÓN E ACONDICIONAMENTO DA ESCOLA UNITARIA DE SOLLÁNS PARA A SÚA CONVERSIÓN NUN ESPAZO DE TRABALLO COLABORATIVO” que a continuación se cita.

En data 19 de setembro de 2017 ditouse Resolución da Alcaldía pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de valoración, da obra denominada “REHABILITACIÓN E ACONDICIONAMENTO DA ESCOLA UNITARIA DE SOLLÁNS PARA A SÚA CONVERSIÓN NUN ESPAZO DE TRABALLO COLABORATIVO”, Expediente núm. O-6/17, financiado no 79,28% con cargo a fondos FEADER 75%, MARM 2,5% e  AGADER 22,5% (núm. Expte.L17 1920 19 0027), e de acordo co seguinte cadro de características:

1.-        Entidade adxudicadora: Concello de Teo

2.-       Obxecto do contrato: REHABILITACIÓN E ACONDICIONAMENTO DA ESCOLA UNITARIA DE SOLLÁNS PARA A SÚA CONVERSIÓN NUN ESPAZO DE TRABALLO COLABORATIVO

3.-        Expediente: O-6/17

4.-       Tramitación e procedemento de adxudicación: Tramitación ordinaria e procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de valoración.

4.-        Orzamento: 114.150,28 € máis 23.971,56 € de IVE (138.121,84 €)

5.-        Valor estimado do contrato: 114.150,28 €

6.-        Clasificación: non se esixe

Clasificación a efectos de acreditación da solvencia: Grupo C subgrupo 4 categoría b

7.-        Garantía provisional: non se esixe

8.-       Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluido)

9.-       Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación a conta do contratista: 900,00 €

10.-     Prazo de execución: 4 meses

11.-     Información: os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil do Contratante (www.teo.gal)

12.-     Presentación de proposicións: no Rexistro do Concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883  Teo   Teléfono: 981 815700, Fax: 981 809401.

Teo, 19 de setembro de 2017

O alcalde,

Rafael C. Sisto Edreira

(Publicado no perfil do contratante o 27 de setembro de 2017).

Arquivos
Attachment Size
pregodeclausulasadministrativas.pdf 2.09 MB
Proxecto.pdf 9.74 MB