O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Publícase a aprobación da bolsa de emprego de educador/a infantil das escolas infantís municipais

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

Publícase a resolución da alcaldía pola que se aproba a creación da bolsa de emprego de educador/a infantil das escolas infantís municipais. 

Consulta aquí a resolución e a relación de aspirantes

Publicado en teo.gal o 5 de outubro de 2020. 

Transcorrido o prazo de alegacións e/ou reclamacións previsto no punto 2 da base Novena das Bases reguladoras do proceso selectivo para a constitución da bolsa de emprego temporal de persoal laboral, categoría de educador/a infantil, e sendo que se formularon reclamacións e/ou alegacións contra a relación das puntuacións das persoas aspirantes, publicada en data 23 de setembro de 2020, o tribunal nomeado pola Resolución da Alcaldía nº 257/2020, de 12 de marzo, para cualificar o proceso selectivo para a constitución da bolsa de emprego temporal do persoal laboral, categoría de educador/a infantil, nas sesións celebradas os días 29 e 30 de setembro de 2020, acordou publicar a resposta ás reclamacións presentadas. 
Tamén se publica a relación definitiva das persoas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo, que tivo lugar o 16 de setembro de 2020, conforme ás novas puntuacións resultantes da revisión efectuadas.

Consulta aquí a resposta ás reclamacións e a relación definitiva coas notas. 

De conformidade co previsto no apartado B) do punto 1) da base Novena das Bases que regulan o presente proceso selectivo, procede convocar ao segundo exercicio da fase de oposición, a aquelas persoas da relación anterior que non acreditaron o coñecemento da lingua galega.
O segundo exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 2 de outubro ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello.

Publicado en teo.gal o 30 de setembro de 2020. 

Publícase o acordo do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para a constitución da bolsa de emprego temporal do persoal laboral, categoría de educador/a infantil, pola que se dá publicidade as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio.

Na sesión celebrada o día 21 de setembro de 2020, o tribunal nomeado pola Resolución da Alcaldía nº 257/2020, de 12 de marzo, para cualificar o proceso selectivo para a constitución da bolsa de emprego temporal do persoal laboral, categoría de educador/a infantil,
 

ACORDOU

  1. Publicar como Anexo I as puntuacións obtidas polas persoas presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo, que tivo lugar o 16 de setembro de 2020, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web do Concello: www.teo.gal. Podes consultar os resultados do exame premendo aquí. 
  2. De acordo co disposto no punto 2 da base novena da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de tres (3) días hábiles para os efectos de alegacións e/ou reclamacións, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no lugar de celebración das probas, no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web do Concello: www.teo.gal. O prazo para alegacións e reclamacións vai do 24 de setembro ao luns 28 de setembro de 2020 (ambos incluídos). 
  3. De acordo co disposto na base décima primeira, punto 3, da convocatoria, contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o alcalde, nos termos previstos nos artigo 121 e 122 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

Publicado en teo.gal o 23 de setembro de 2020. 

Publícase o modelo de corrección do primeiro exame de educadores/as das escolas infantís municipais realizado o mércores 16 de setembro. 

Consulta o modelo coas respostas premendo aquí

Publicado en teo.gal o 19 de setembro de 2020. 

Publñicase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso convocado para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de educador/a infantil.

Consulta aquí a resolución de alcaldía pola que se aproba a lista definitiva de educador/a infantil así como a data do primeiro exercicio

Así mesmo convócase aos membros do tribunal cualificador para o día 8 de setembro de 2020, ás 17:00 horas, na Casa Consistorial, ao efecto de constitución do tribunal.

A realización do primeiro exercicio terá lugar o día 16 de setembro de 2020, ás 17.00 horas, no Hotel Congreso, rúa das Mámoas de Montouto, nº 4, Teo. As persoas aspirantes deberán portar a documentación identificativa.

Instruccións para a realización da proba do primeiro exercicio do proceso selectivo para a constitución da bolsa de emprego de educadores/as infantís das escolas infantís municipais de Teo.

  1. Todas as persoas candidatas agardarán a ser chamadas no exterior do local designado para a realización do exercicio, gardando entre elas a distancia de seguridade.
  2. Será obrigatorio o uso de máscara durante todo o proceso.
  3. Cada persoa candidata, ao ser chamada, amosará ao tribunal o seu documento identificador (DNI/NIE/pasaporte/carné de conducir), verificando este a súa identidade e a validez do documento. Non se entregará o documento senón que se ensinará de forma visible.
  4. Na entrada da aula existirá xel hidroalchólico a disposición das persoas candidatas sendo o seu uso obrigatorio.
  5. A persoa candidata ocupará o posto que lle sexa asignado.
  6. Enriba da mesa só poderá estar o documento de identificación, os documentos da proba, bolígrafos e, no seu caso, unha botella de auga. 
  7. Poderanse empregar unicamente bolígrafos de cor azul e negra que deberán ser achegados polas persoas candidatas. Así mesmo, este material non poderá ser compartido entre candidatas. 
  8. Está prohibido o uso de móbiles ou outros dispositivos de transmisión de información.

Publicado en teo.gal o 8 de setembro de 2020.

Publícase a Resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista provisional da bolsa de emprego de educadores/as das escolas infantís municipais. 

Consulta aquí a lista provisional de persoas admitidas e excluídas

De conformidade co previsto na base sétima das Bases reguladoras deste proceso selectivo, as persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos. Dado que a publicación se fai o 24 de xullo de 2020 o prazo para reclamacións esténdese entre os días 27 e 31 de xullo ambos os dous incluídos.

Publicado en teo.gal o 24 de xullo de 2020. 

Publícase o anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de educadores/as infantís das Escolas Infantís Municipais do Concello de Teo no DOG nº 120 do 19 de xuño de 2020

En virtude do exposto nas Bases específicas o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, o prazo estenderase entre os días 22 de xuño e 6 de xullo, ambos os dous incluídos.

Descarga aquí a instancia para participar no proceso selectivo. 

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 73, de data 26 de maio de 2020, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

NOTA IMPORTANTE. Tendo en conta a recepción dun elevado número de instancias con anterioridade á apertura do prazo de presentación daquelas, cómpre sinalar o seguinte:

1. Todas aquelas persoas que presentaron no seu momento a súa instancia, deberán novamente presentala xunto coa documentación correspondente, sinalada nas Bases Específicas.

2. As instancias presentaranse no Rexistro do Concello ou ben por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (ou naqueloutras previsións normativas concordantes e/ou substitutivas deste artigo), tal e como se indica na Base Quinta da convocatoria. Só neste suposto comunicarase ao Concello a remisión da instancia dentro do prazo de presentación de instancias por fax ao número: 981 809 401, por correo electrónico ao enderezo: rrhh@teo.gal, ou por calquera outro medio polo que quede debidamente acreditado, achegando copia do resgardo da presentación da instancia, indicando como asunto: BOLSA DE EMPREGO – EDUCADOR/A INFANTIL. En ningún caso será válida a presentación de instancias por correo electrónico.

3. Dado o elevado número de instancias presentadas fóra de prazo e ante a imposibilidade de tramitar a devolución das taxas xa abonadas, por mor das actuais circunstancias, non se procederá á devolución daquelas. Non obstante o anterior, coa presentación da instancia no prazo administrativo oportuno deberá achegarse novamente a copia do pagamento das taxas abonadas no seu momento.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de Transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal.

Publicado en teo.gal o 19 de xuño de 2020. 

Tal e como figura no anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 73, de data 26 de maio de 2020, o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio de aprobación das bases específicas e a convocatoria para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de educadores/as infantís das Escolas Infantís Municipais do Concello de Teo, no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia e mentres non se produza a devandita publicación NON ESTÁ ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS para a constitución da bolsa de emprego, o que publicará oportunamente no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de Transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal.

Así mesmo recórdase que o certificado médico e o xustificante de ter aboados os dereitos de exame deben ter data do prazo de presentación de instancias. Este prazo abrirase cando o anuncio de convotaria se publique no Diario Oficial de Galicia.

Se algunha persoa pagou as taxas de exame xa debe pedir que se lle reintegren e facelo de novo no momento da apertura do prazo para que a súa solicitude de participación no proceso cumpra con todos os requisitos

Publícase no BOP número 73 do 26 de maio o anuncio da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de educadores/as infantís das Escolas Infantís Municipais do concello de Teo.

Por resolución da Alcaldía nº 257/2020 do Concello de Teo de data 12 de marzo de 2020, aprobáronse a convocatoria e as bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de educadores/as infantís das Escolas Infantís Municipais do Concello de Teo.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria.

Publicado en teo.gal o 26 de maio de 2020.