Praza de oficial da Policía Local

Data presentación

CORRECCIÓN BAREMACIÓN MÉRITOS E DATA PRIMEIRA PROBA. 

O tribunal do proceso selectivo para a provisión, por promoción interna, dunha praza de oficial da Policía Local, publica unha corrección de erros coa baremación definitiva e a data do primeiro exercicio da fase de oposición.

Consulta aquí a publicación completa

Así mesmo o Tribunal, nas sesións celebradas o 24 de abril e o 10 de maio de 2023, acordou convocar aos aspirantes, para a celebración da primeira proba da fase de oposición, o luns 12 de xuño, ás 12:00 horas, no Centro Sociocultural de A Ramallosa.

O tribunal reunirase, ás 08:00 horas do mesmo día, na Casa do Concello, para a configuración da citada proba. De acordo co establecido na base oitava das que rexen a convocatoria, indícase así mesmo que, segundo a Resolución do 28 de xaneiro de 2022 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia 2022 (DOG nº 24, do 4 de febreiro de 2022), a orde de actuación das persoas aspirantes no proceso comezará por aqueles cuxo primeiro apelido comece pola letra “T”.

Publicado en teo.gal o 15 de maio de 2023. 

RESOLUCIÓN DUNHA RECLAMACIÓN E DATA PRIMEIRA PROBA. PRAZA OFICIAL POLICÍA LOCAL (PROMOCIÓN INTERNA). OEP 2022. 

O tribunal do proceso selectivo para a provisión, por promoción interna, dunha praza de oficial da Policía Local, publica a resolución dunha reclamación á baremación publicada. 

Podes consultar o resultado desa reclamación premendo aquí

Así mesmo, o tribunal acorda convocar aos aspirantes, para a celebración da primeira fase de oposición, o martes 23 de maio, ás 12:00 horas, no Centro Socio Cultural da Ramallosa. 

Publicado en teo.gal o 12 de maio de 2023. 

BAREMACIÓN PRAZA OFICIAL POLICÍA LOCAL (PROMOCIÓN INTERNA). OEP 2022. 

Reunido o tribunal do proceso selectivo para a provisión, por promoción interna, dunha praza de oficial da Policía local, en sesión celebrada o 14 de marzo de 2023, e realizada a baremación de méritos da fase de concurso, publícase o resultado que podes consultar premendo aquí

Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da presente publicación, rematando o prazo o 23 de marzo de 2023.

Publicado en teo.gal o 16 de marzo de 2023. 

LISTA DEFINITIVA. OFICIAL POLICÍA LOCAL (PROMOCIÓN INTERNA)

Publícase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas na convocatoria para proveer dunha praza de oficial da policía local.  

Consulta aquí a lista completa

Convocar aos membros do tribunal cualificador para o vindeiro día 14 de marzo de 2022, ás 12.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.

Publicado en teo.gal o 6 de marzo de 2023.

LISTA PROVISIONAL. OFICIAL POLICÍA LOCAL. 

Publícase a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas na convocatoria para proveer dunha praza de oficial da policía local.  

Consulta aquí a lista completa

De conformidade co previsto na base sexta das Bases reguladoras deste proceso selectivo, as persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos. O prazo de subsanación e/ou emenda estenderíase desde mañá xoves 1 de decembro ao venres 16 de decembro.

Publicado en teo.gal o 30 de novembro de 2022. 

ANUNCIO NO BOE E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O BOE número 250 do martes 18 de outubro publica o anuncio referente á convocatoria para proveer dunha praza de oficial da policía local, pertencente á escala da administración especial, subescala de servicios especiais, en quenda de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición. 

Consulta o anuncio completo do BOE premendo aquí

O anuncio desta convocatoria publicouse no DOG número 194 do 11 de outubro de 2022. 

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOE. Deste xeito o prazo de presentación de instancias para participar no proceso vai do mércores 19 de outubro ao 17 de novembro de 2022. 

Descarga aquí a instancia. 

Publicado en teo.gal o 18 de outubro de 2022. 

PRAZA DE OFICIAL DA POLICÍA LOCAL. 

ANUNCIO NO DOG DA CONVOCATORIA E BASES DUNHA PRAZA  DE OFICIAL DA POLICÍA LOCAL

O DOG número 194 do 11 de outubro de 2022 publica o anuncio da convocatoria e bases para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha praza de oficial da Policía Local, funcionario de carreira, correspondente á oferta de emprego público do ano 2022.

Podes consultar o anuncio completo premendo aquí

Publicado en teo.gal o 11 de outubro de 2022. 

Anuncio da convocatoria e bases dunha praza de policía local, funcionario de carreira (Promoción Interna). 

O BOP número 173 do luns 12 de setembro publica o anuncio da convocatoria e bases para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de oficial da policía local, funcionario de carreira, correspondente á oferta de emprego público do ano 2022.

A Resolución da Alcaldía nº 1111/2022, de 2 de setembro de 2022, aprobou as bases e a convocatoria para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de oficial da policía local, funcionario de carreira, correspondente á Oferta de emprego público do ano 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado.

As bases reguladoras que rexerán a convocatoria podes consultalas premendo aquí

O obxecto desta convocatoria é a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de oficial da Policía Local, funcionario de carreira, a través do procedemento de selección que se sinala nestas Bases e para o non previsto nelas estarase ao disposto na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, do Regulamento que a desenvolve, Decreto 243/2008, do 16 de outubro e da Orde do 28 de xaneiro do 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixiantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixiantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de temporada, coas características que a definen:

  • Denominación da praza:Oficial
  • Réxime Funcionario de carreira
  • Unidade/Área Policía local
  • Escala/Subescala Administración Especial / Servizos Especiais
  • Grupo / subgrupo C / C1
  • Nivel 20
  • Titulación esixible Bacharelato ou técnico
  • Quenda de acceso Promoción interna
  • Sistema selectivo Concurso – oposición
  • Núm. de vacantes 1

Esta praza está dentro do anexo de persoal dos orzamentos do Concello de Teo para o ano 2022, aprobados polo Pleno da Corporación, (Boletín Oficial da Provincia da Coruña, nº 67 de 7 de abril de 2002) e incluída na oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral do Concello de Teo para o ano 2022 (Boletín Oficial da Provincia da Coruña, núm. 90, do 12 de maio de 2022).

O texto íntegro das Bases reguladoras do proceso selectivo e a súa convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP), inseríndose o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, publicaranse no taboleiro de anuncios, na páxina web municipal: www.teo.gal e no Portal de Transparencia do Concello.

Publicado en teo.gal o 12 de setembro de 2022.