O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Escolas Culturais 2022-23

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS NAS ESCOLAS CULTURAIS CURSO 2022-2023 (cotexar co número de rexistro da inscrición).

Consulta as listaxes definitivas de persoas admitidas premendo aquí 

  • Se non lembrades o número de rexistro da solicitude ou para calquera outra dúbida poñédevos en contacto co Departamento de Cultura (teléfono 881 941 063).

  • As actividades de ARTES PLÁSTICAS TRAS DO EIXO de 17:30 a 18:45 h e ARTES PLÁSTICAS TRAS DO EIXO de 18:45 a 20:00 h xa están reorganizadas polo monitor aínda que na listaxe salgan no grupo que solicitaron inicialmente.

  • Os grupos de GUITARRA están pendentes da proba de nivel que se realizará o primer día no horario marcado na solicitude.

  • As actividades de MAXIA TILOS e OBRADOIRO AUDIOVISUAL CANCÉLANSE por non acadar o número suficiente de participantes.

  • As actividades comenzarán a partir do día 3 de outubro e finalizaran o 2 de xuño de 2022 e durante este tempo seguirase o calendario escolar do curso 2022/2023. Durante a primeira semana informarásevos da súa dinámica.

Publicado en teo.gal o 29 de setembro de 2022. 

SORTEO PROGRAMACIÓN E DESEÑO DE VIDEOXOGOS

Publícase o resultado do sorteo realizado o 19 de setembro de 2022. 

Podes consultar premendo aquí como queda a listaxe provisional de admitidos/as na actividade de Programación e deseño de videoxogos.

No caso de non cubrir todas as prazas iremos chamado por orde ás solicitudes que quedaron en lista de agarda.

Pubicado en teo.gal o 19 de setembro de 2022. 

LISTAXES PROVISIONAIS SOLICITUDES ADMITIDAS NAS ESCOLAS CULTURAIS

Publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas nas escolas culturais para o curso 2022-2023. 

  • Hai que cotexar co número de rexistro da inscrición. Se non lembrades o número de rexistro da solicitude poñédevos en contacto co Departamento de Cultura. Tlno.: 881 941 063
  • As actividades de ARTES PLÁSTICAS AMENEIRO. LUNS DE 20:00 A 21:15 HORAS e ARTES PLÁSTICAS TRAS DO EIXO. MARTES DE 20:00 A 21:15 HORAS non tiveron o número suficiente de inscricións. O monitor poñerase en contacto coas persoas que fixeron a inscrición para mirar a posibilidade de colocarse noutros horarios.
  • Comprobade as listaxes e horarios definitivos das actividades, así como se teñen que facer probas de nivel ou pospoñer o pago ata a confirmación de grupos.
  • As solicitudes de non empadroados no Concello nas actividades que cubriron prazas pasan a unha listaxe de agarda xunto coas feitas fóra de prazo para, unha vez pasado o período de pago da actividade, completar os grupos.
  • Unha vez comprobada a inscrición hai que facer o pago da taxa correspondente do 19 de setembro ao 26 de setembro de 2022 (menos os/as que teñen pendente a confirmación de grupo ou están pendentes de facer sorteo de prazas). Terase que facer o pago dos trimestres nos que se inscribiu.
  • Para o pagamento das taxas enviarase dende o concello un correo-e co documento de pago. Non será necesario enviar xustificante de pago ao concello.
  • De ter solicitada a bonificación e se non achegastes a documentación necesaria debedes facelo antes do día 21 de setembro de 2022.
  • As actividades comenzarán a partir do día 3 de outubro e finalizaran o 2 de xuño de 2022 e durante este tempo seguirase o calendario escolar do curso 2022/2023. Durante a primeira semana informarásevos da súa dinámica.

Consultade as listaxes premendo aquí

Publicado en teo.gal o 15 de setembro de 2022. 

INSCRICIÓN


Para o primeiro período do curso ou os tres períodos do curso completos realizarase do 1 ao 13 de setembro no Rexistro Xeral do Concello e terán preferencia os/as empadroados/as no Concello.
Para o segundo e terceiro período do curso abrirase un período de inscrición no caso de quedar vacantes na primeira quincena de xaneiro e na primeira quincena de marzo respectivamente.


Pódense consultar as listaxes a partir do 15 de setembro en www.teo.gal ou no Departamento de Cultura e nas súas redes sociais. No caso de haber máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo público na Casa do Concello (a data do sorteo publicarase coas listaxes o día 15). As listaxes definitivas publicaranse o 29 de setembro.


NÚMERO DE PRAZAS
Nun principio resérvanse 10 prazas por actividade, aínda que estas pódense modificar en función do criterio dos/as monitores/as e das condicións do espazo.


PAGAMENTO DE ACTIVIDADES E ESCOLAS CULTURAIS
A efectividade da matrícula farase mediante o pago da taxa correspondente entre o 19 de e o 26 de setembro. O total do curso anual son 60. Tamén se poden liquidar en tres pagos de 20 cada un segundo o período de pago correspondente, pero neste caso é preciso inscribirse novamente, e iniciar un novo procedemento cada trimestre. Previamente enviarase por correo electrónico o documento de pago.

Consultar bonificacións no BOP núm. 195 do 13/10/2011 e no BOP núm. 12 do 20/01/2020. No caso de ter dereito á bonificación é obrigatorio presentar a documentación xustificativa no momento da inscrición.


DURACIÓN
Do 3 de outubro ao 2 de xuño.


DURANTE AS VACACIÓNS ESCOLARES NON HABERÁ ACTIVIDADES. NOTA IMPORTANTE

O Concello de Teo poderá realizar as modificacións, tanto nas actividades programadas coma nos horarios, número de prazas e instalacións, que estime oportunas por necesidades de programación e protocolos do Concello.


Máis información no Departamento de Cultura, nas súas redes sociais e na páxina web www.teo.gal