Diverteo Xullo

Data presentación
Data presentación fin

LISTAXES PROVISIONAIS

Publícanse as listaxes provisionais do Diverteo Xullo. 

Información sobre as listaxes provisionais de solicitudes admitidas para o Diverteo Verán 2021

1. A adxudicación de pazas está identificada do seguinte xeito:

1.1. No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/21

1.2. No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/21

2. O período de pagamento é do 9 ata o 17 de xuño. Descarga aquí a folla de autoliquidación para o pago. 

3. A xustificación do pagamento farase mediante a entrega dunha copia no Concello ou enviándoo ao enderezo electrónico auxiliarcim@teo.gal antes do 18 de xuño. No caso de non xustificar correctamente o pagamento da matrícula ou de non estar ao día nos pagamentos dos servizos de conciliación do Concello de Teo a reserva non será efectiva.

3. A listaxe de agarda confeccionase tendo en conta a prioridade das crianzas censadas no concello de Teo e a orde de inscrición. De producirse baixas ou a non matrícula de xeito correcto dalgunha persoa inicialmente admitida, poderanse completar as prazas vacantes coa orde no que están inscritas as crianzas neste listado de agarda. Para isto, comunicaráselle de xeito inmediato mediante chamada telefónica, e abrindo un prazo especial de 3 días para formalizar a matrícula. As baixas ou non matriculacións que se produzan con menos de tres días hábiles do comezo da actividade só se cubrirán con crianzas que teñan solicitado o mesmo centro no que se produciu a baixa.

4. O martes 22 de xuño, ás 19:30 horas, terá lugar unha reunión informativa sobre o DIVERTEO VERÁN 2021, na explanada do Auditorio Constante Liste.

Publicado en teo.gal o 9 de xuño de 2021. 

O servizo de conciliación Diverteo funciona nos períodos de vacacións escolares. Está destinado a nenos e nenas escolarizados nos CEIPs e CRA entre 3 e 12 anos, con preferencia para os empadroados en Teo.

O lugar de celebración son os CEIPs de Calo, A Ramallosa e Os Tilos. O horario do servizo completo (con comida) é de 07:30 a 15:30 horas mentras que sen xantar é de 07:30 a 14:00 horas.

DIVERTEO XULLO

Diverteo xullo realízase en dúas quendas: 

  1. Primeira quenda: do 1 ao 15 de xullo (11 días).

  2. Segunga quenda: do 16 ao 31 de xullo (11 días).

inscrición para o Diverteo Xullo está aberta do 10 de maio ao 7 de xuño. Deben entregar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello ou na Sede electrónica nese prazo.

listaxe provisional publicarase o 9 de xuño na web e no taboleiro do Concello.

pagamento farase do 9 ao 17 de xuño podendo entregar o xustificante de pago ata o 18 de xuño.

listaxe definitiva publicarase o 22 de xuño.

Podes descargar aquí a ficha de inscrición para calquera dos programas de verán. 

IMPORTANTE: Xunto coa ficha de inscrición hai que entregar a declaración covid, que podes descargar premendo aquí, asinada. 

Prezos diarios:

  • Atención educativa: 5 euros

  • Almorzo: 0,5 euros

  • Xantar: 3,5 euros

  • Servizo completo: 9 euros

Pódese consultar a táboa de prezos e bonificacións na Ordenanza reguladora do prezo público por servizos de conciliación publicada no BOP nº 45 do 9 de marzo de 2021. 

Cada programa pagarase completo, non por días soltos.

Este programa está organizada polo Concello de Teo (Departamento de Benestar). 

Para máis información poden chamar ao Concello de Teo (981.815.700//981.938.475) e preguntar polo CIM.