O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

DiverTeo Entroido 2024

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

LISTAXE DEFINITIVA DA CATIVADA ADMITIDA NO DIVERTEO DE ENTROIDO 2024

1. A adxudicación de pazas está identificada do seguinte xeito:

1.1. No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/24. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. 1010/24-1).

1.2. No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/24. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. RT1010/24-1).

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS PARA O DIVERTEO DE ENTROIDO 2024

1. A adxudicación de pazas está identificada do seguinte xeito:

1.1. No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/24. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. 1010/24-1).

1.2. No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/24. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. RT1010/24-1).

2. O período de pagamento é do 17 ao 26 de xaneiro.

Desde o Concello remitirase por correo electrónico o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.

En canto ao pagamento da autoliquidación poderá realizarse en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático) ou na banca electrónica (en caso de ser cliente da dita Entidade). Así mesmo, pode realizarse a través da pasarela de pagos que o Concello de Teo ten coa Entidade financeira ABANCA no seguinte enlace (https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/mediante documento de pago. Poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira.

Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir ou ben os números que figuran debaixo do código de barras do documento de pago e darlle a cargar datos (revise os datos antes de pagar) ou ben cubrir os datos de emisora, referencia, identificación e importe, que aparecen no documento de pagamento. A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria. Unha vez completos os datos deberá darlle a pagar recibo e elixir pago con tarxeta e introducir os datos da mesma.

3. A listaxe definitiva será publicada o 31 de xaneiro na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.

4. A listaxe de agarda confeccionase tendo en conta a prioridade das crianzas censadas no concello de Teo e a orde de inscrición. De producirse baixas ou a non matrícula de xeito correcto dalgunha persoa inicialmente admitida, poderanse completar as prazas vacantes coa orde no que están inscritas as crianzas neste listado de agarda. Para isto, comunicaráselle de xeito inmediato mediante chamada telefónica, e abrindo un prazo especial de 3 días para formalizar a matrícula. As baixas ou non matriculacións que se produzan con menos de tres días hábiles do comezo da actividade só se cubrirán con crianzas que teñan solicitado o mesmo centro no que se produciu a baixa.

 

CONVOCATORIA DIVERTEO ENTROIDO 2024

A partir do vindeiro martes, 2 de xaneiro, ábrese o prazo de inscrición no DiverTeo Entroido 2024 para a rapazada de entre 3 e 12 anos  

O Concello programa un ano máis o DiverTeo Entroido para a rapazada de entre 3 e 12 anos de idade. Trátase dun programa de conciliación para as crianzas escolarizadas nun centro de Educación Infantil e Primaria ou Colexio Rural Agrupado, tendo prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo e por orde de inscrición.

Así, este programa -que se realizará no CEIP da Ramallosa- estará dispoñible do 12 ao 14 de febreiro (3 días) e tamén haberá servizo de almorzo e xantar. O horario completo será de 7:30 h a 15:30 h, porén, se só se solicita a atención educativa será a partir das 7:30h ata as 14:00 horas. 

Os prezos oscilan entre os 5 euros (só atención educativa) ata os 9 euros por día, o cal inclúe o almorzo e xantar. En calquera caso, cada programa págase completo, non por días soltos. 

En canto ao prazo de inscrición, ábrese do 2 ao 15 de xaneiro, ambos inclusive. A listaxe provisional de admitidos farase pública o vindeiro 16 de xaneiro na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do Concello. E, finalmente, do 17 ao 26 de xaneiro procederase ao pagamento do servizo solicitado, publicándose o 31 de xaneiro a listaxe definitiva de admitidos.