PUNTUACIÓNS ENTREVISTAS E LISTADOS DEFINITIVOS
Publícanse as seguintes listaxes:
- Publícanse as puntuacións outorgadas na fase de entrevista, realizada o 28 de xullo de 2021, ás persoas aspirantes ao posto de alumnas-traballadoras do Obradoiro de emprego EmprégateAPP. O tribunal acorda a realización da baremación dos méritos achegados polas persoas aspirantes o venres 30 de xullo de 2021.
- Publícanse as puntuacións outorgadas na fase de entrevista, realizada o 28 de xullo de 2021, ás persoas aspirantes ao posto de docentes da especialidade IFCD0112 para o Obradoiro de emprego EmprégateAPP. O tribunal acorda a realización da baremación dos méritos achegados polas persoas aspirantes o venres 30 de xullo de 2021.
- Publícanse as puntuacións outorgadas na fase de entrevista, realizada o 28 de xullo de 2021, ás persoas aspirantes ao posto de titor de iniciativas empresariais e formación compensatoria para o Obradoiro de emprego EmprégateAPP. O tribunal acorda a realización da baremación dos méritos achegados polas persoas aspirantes o luns 2 de agosto de 2021.
- Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación dunha persoa como directora do Obradoiro de emprego EmprégateAPP. Convócase ás persoas candidatas e ao tribunal para o venres 30 de xullo ás 10:30 horas da mañá na Casa do Concello (Travesía da Ramallosa, nº 38) co obxecto de proceder á realización da entrevista. Lémbrase que as persoas candidatas deben vir provistas do documento de identidade.
- Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación dunha persoa como titora de formación complementaria para o Obradoiro de emprego EmprégateAPP. Convócase ás persoas candidatas e ao tribunal para o venres 30 de xullo ás 09:00 horas da mañá na Casa do Concello (Travesía da Ramallosa, nº 38) co obxecto de proceder á realización da entrevista. Lémbrase que as persoas candidatas deben vir provistas do documento de identidade.
Publicado en teo.gal o 29 de xullo de 2021.
LISTAS DEFINITIVAS E PROVISIONAIS DE SELECCIÓN DE PERSOAL DOCENTE E ALUMNADO
Publícanse as seguintes listaxes:
- Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas de 16 persoas como alumnas-traballadoras do Obradoiro de emprego EmprégateAPP. Convócase ás persoas candidatas e ao tribunal para o mércores día 28 de xullo ás 09:00 horas da mañá na Casa do Concello (Travesía da Ramallosa, nº 38) co obxecto de proceder á realización da entrevista. Lémbrase que as persoas candidatas deben vir provistas do documento de identidade.
- Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación dun docente da especialidade IFCD0112 para o Obradoiro de emprego EmprégateAPP. Convócase ás persoas candidatas e ao tribunal para o mércores día 28 de xullo ás 11:00 horas da mañá na Casa do Concello (Travesía da Ramallosa, nº 38) co obxecto de proceder á realización da entrevista. Lémbrase que as persoas candidatas deben vir provistas do documento de identidade.
- Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación dunha persoa como titora de iniciativas empresariais e formación compensatoria do Obradoiro de emprego EmprégateAPP. Convócase ás persoas candidatas e ao tribunal para o mércores día 28 de xullo ás 13:00 horas da mañá na Casa do Concello (Travesía da Ramallosa, nº 38) co obxecto de proceder á realización da entrevista. Lémbrase que as persoas candidatas deben vir provistas do documento de identidade.
- Lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación dunha persoa como directora do Obradoiro de emprego EmprégateAPP. A persoa excluída dispón dun prazo de dous (2) días hábiles, dende a publicación da lista para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos. O prazo de reclamacións será do 27 ao 28 de xullo, ambos incluidos.
- Lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación dunha persoa como docente de formación complementarias do Obradoiro de emprego EmprégateAPP. A persoa excluída dispón dun prazo de dous (2) días hábiles, dende a publicación da lista para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos. O prazo de reclamacións será do 27 ao 28 de xullo, ambos incluidos.
Publicado en teo.gal o 26 de xullo de 2021
Publícanse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal técnico e do alumnado-traballador/a do obradoiro de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro de Garantía Xuvenil do Concello de Teo.
Consulta aquí as bases completas.
O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, do seguinte persoal para a xestión e o desenvolvemento do obradoiro de emprego “EmprégateApp” que levará a cabo o Concello de Teo en colaboración cos concellos de Boqueixón e Vedra:
- 1 director/a (xornada completa) (Anexo II)
- 1 docente para impartir o certificado de profesionalidade de nivel 3 “Programación con linguaxes orientados a obxectos e bases de datos relacionais (IFCD0112)” (xornada completa) (Anexo III)
- 1 titor de iniciativas empresariais e formación compensatoria (media xornada) (Anexo IV)
- 1 titor de formación complementaria (media xornada) (Anexo V)
- Dezaseis (16) alumnos/as-traballadores/as inscritos/as no ficheiro nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Anexo VI)
Seguindo a Base novena do Convenio de colaboración entre os concellos de Boqueixón, Teo e Vedra, para a solicitude conxunta dunha subvención ao abeiro dos programas de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a distribución do alumnado - traballador por concellos é a seguinte:
- Concello de Boqueixón: 4 alumnos/as
- Concello de Teo: 8 alumnos/as
- oConcello de Vedra: 4 alumnos/as
O importe total da subvención concedida é de trescentos sesenta e nove mil catrocentos noventa e dous euros con trinta e dous céntimos (369.492,32€) e estimase un coste de catrocentos dezasete mil setecentos corenta e dous euros con vinte céntimos (417.742,20€) para o desenvolvemento total do proxecto.
Selección do persoal
En cumprimento cos artigos 11 e 12 da Orde do 31 de decembro do 2020 (DOG núm. 21 de 02/02/2021) da Consellería de Emprego e Igualdade, o Concello de Teo presentará no Servizo Público de Emprego de Galicia, nos modelos normalizados para o efecto, as ofertas para a selección do persoal, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir as persoas traballadoras a contratar conforme á anterior base terceira. O Servizo Público de Emprego de Galicia realizará unha sondaxe de demandantes de emprego en función das características das ofertas presentadas atendendo á maior adecuación aos postos de traballo ofertados e remitirá, ao departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Teo, unha listaxe coas persoas preseleccionadas para cada posto, para que desde as entidades promotoras se proceda a convocalas mediante contacto telefónico e a través do correo electrónico, onde recibirán copia das presentes bases. A data do envío das bases por correo electrónico determinará o inicio do prazo de presentación das solicitudes.
Publicado en teo.gal o 21 de xullo de 2021.