O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Convocatoria da praza de técnico/a informático/a

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

Resolución da Alcaldía n.º 722/2023, de 22 de de marzo, do Concello de Teo, de contratación de persoal laboral fixo.


Rematado o proceso selectivo para a prover unha praza de técnica/o informática/o, persoal laboral fixo, convocado por Resolución nº 949/2022, de 18 de xullo, a Resolución da Alcaldía n.º 722/2023, de 8 de xuño, do Concello de Teo, resolveu a contratación de Alejandro López Martín, provisto de DNI nº ***7440**, como técnico informático, persoal laboral fixo.

Publicado en teo.gal o 16/06/2023.

RESOLUCIÓN DE CONTRATACIÓN. TÉCNICO INFORMÁTICO. 

Publícase a resolución de contratación como persoal laboral fixo de Alejandro López Martín, para ocupar a praza de técnico informático, posto asimilado ao grupo A2.

Consulta aquí a resolución

Publicado en teo.gal o 8 de xuño de 2023. 

PROPOSTA DE CONTRATACIÓN. TÉCNICO INFORMÁTICO.

Publícase a resolución pola que se aproba a proposta do Tribunal respecto da contratación de Alejandro López Martín, provisto de DNI nº ***7440**, como persoal laboral fixo, para ocupar a praza de técnico informático, posto asimilado ao grupo A2.

Consulta aquí a resolución completa. 

Publicado en teo.gal o 7 de xuño de 2023. 

PROPOSTA DE NOMEAMENTO. TÉCNICO INFORMÁTICO.

Dentro do proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha praza de técnico/a informático/a correspondente á oferta de emprego público 2022 publícase a baremación definitiva de méritos da fase de concurso e proposta de nomeamento.

Consulta aquí a proposta de nomeamento.

O Tribunal propuxo a contratación de D. Alejandro López Martín, como técnico informático do Concello de Teo.

Publicado en teo.gal o 5 de xuño de 2023.

BAREMACIÓN DE MÉRITOS. TÉCNICO INFORMÁTICO.

Publícase a baremación de méritos da fase de concurso do proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha praza de técnico/a informático/a correspondente á oferta de emprego público 2022. 

Reunido o tribunal do proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha prazo de técnico/a informático, en sesión celebrada o 16 de maio de 2023, e realizada a baremación de méritos da fase de concurso, o resultado pódelo consultar premendo aquí

De conformidade co establecido na base oitava das que rexen o proceso selectivo, procédese á publicación do presente no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello. Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da presente publicación, rematando o prazo o 2 de xuño de 2023.

Publicado en teo.gal o 19 de maio de 2023. 

RESULTADO DO 2º EXERCICIO. TÉCNICO/A INFORMÁTICO/A.

Publícase a puntuación do segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha praza de técnico/a informático/a corespondente á oferta de emprego público 2022.

O 9 de maio de 2023 realizouse o segundo exercicio da fase de oposición, suposto práctico, do proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha praza de técnico/a informático/a correspondente á oferta de emprego público 2022.
Por medio do presente faise pública a puntuación obtida polo único aspirante convocado publicándose no Salón de Plenos do Concello, lugar onde se realizou o exercicio, na páxina web municipal (www.teo.gal) e no taboleiro de anuncios do
Concello.
De acordo co exposto, e segundo os criterios establecidos nas Bases que rexen a convocatoria e o acordado polo Tribunal, a puntuación obtida pódela comprobar premendo aquí

Así mesmo o Tribunal acordou reunirse o martes 16 de maio ás 09:00 horas para realizar a baremación da fase de concurso da persoa aspirante que superou a fase de oposición.

Publicado en teo.gal o 11 de maio de 2023.

RESULTADO DO 1º EXAME E DATA DA SEGUNDA  PROBA. 

Publíase a puntuación do primeiro exercicio da fase de oposicón do proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha praza de técnico/a informático/a correspondente á oferta de emprego público 2022. 

Consulta aquí o resultado do exercicio así como o contido do exercicio e as repostas.  

Concedéndose un prazo de dous (2) días hábiles para os efectos de alegacións e/ou reclamacións, prazo que se contará dende o día seguinte ao da publicación do presente nos lugares indicados, publicación que se realiza o 20 de abril de 2023. Deste xeito o prazo vai do 21 ao 24 de abril de 2023.

O Tribunal acordou convocar á persoa aspirante que aprobou o primeiro exercicio da fase de oposición, para a celebración do segundo exercicio da citada fase (suposto práctico relacionado cun suposto/situación de índole teórico-práctica, referido ao contido do temario recollido no anexo II das Bases que rexen a convocatoria), o día 9 de maio ás 10:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.

O tribunal reunirase ás 08:00 horas do mesmo día para determinar o citado exercicio. De acordo co disposto na base 8.1 B) das que rexen a convocatoria o exercicio deberá ser lido pola persoa aspirante ante o tribunal de selección, o que terá lugar o mesmo día, unha vez rematado o exercicio.

Publicado en teo.gal o 20 de abril de 2023. 

DATA 1º EXAME. PRAZA DE TÉCNICO/A INFORMÁTICO/A

Publícase a data do primeiro exercicio da fase de oposición no proceso para cubrir unha praza de técnico/a informático/a.

Podes consultar aquí a publicación completa. 

De conformidade co previsto na base oitava das que regulan o proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha (1) praza de técnico/a informático/a correspondente á oferta de emprego publico 2022, e segundo o acordado polo Tribunal o día 8 de marzo de 2023, faise publico que o primeiro exercicio da fase de oposición celebrarase o martes 18 de abril ás 12:00 horas no salón de Plenos do Concello de Teo.

De conformidade coa base 8.1, o citado exercicio, que terá carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá na resolución por escrito dun cuestionario tipo test composto por cen (100) preguntas, máis cinco (5) de reserva, con catro (4) resposta alternativas, sendo só unha delas a correcta, relacionado co contido funcional do posto e coas materias contidas no temario que figura como anexo II das Bases. O que se fai publico no taboleiro de anuncios e na páxina web municipal, de conformidade coa base 8.3 das que que regulan o citado proceso selectivo.

Publicado en teo.gal o 9 de marzo de 2023. 

LISTAXE DEFINITIVA. PRAZA DE TÉCNICO/A INFORMÁTICO/A

Publícase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas da convocatoria da praza de técnico/a informático/a. 

Consulta aquí a listaxe.

Convócase aos membros do tribunal cualificador o vindeiro día 8 de marzo de 2023, ás 11:00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal.

Publicado en teo.gal o 28 de febreiro de 2023.

LISTAXE PROVISIONAL. PRAZA DE TÉCNICO/A INFORMÁTICO/A

Publícase a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas da convocatoria da praza de técnico/a informático/a. 

Consulta aquí a listaxe. 

De conformidade co previsto na base sexta das Bases reguladoras deste proceso selectivo, as persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos. O prazo esténdese do 15 ao 28 de novembro, ambos os dous incluídos. 

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixisen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídas na relación de admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo. De non se presentar reclamacións ou correccións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva.

Publicado en teo.gal o 14 de novembro de 2022. 

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES. PRAZA DE TÉCNICO/A INFORMÁTICO/A

O BOE número 245 do 12 de outubro de 2022 publica o anuncio referente á provisión dunha praza de técnico/a informático/a, do cadro de persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso oposición, en quenda libre.

Podes consultar o anuncio completo do BOE premendo aquí.

A publicación no BOE abre o prazo de presentación de solicitudes, que será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado. Deste xeito, o prazo de presentación de solicitudes vai do 13 de outubro ao 10 de novembro.

Podes descargar a instancia premendo aquí

As bases completas da convocatoria podes consultalas premendo aquí

Publicado en teo.gal o 12 de outubro de 2022.

CONVOCATORIA E BASES DO PROCESO SELECTIVO DUNHA (1) PRAZA DE TÉCNICO/A INFORMÁTICO/A

ANUNCIO NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA

O DOG número 173 do luns 12 de setembro publica o anuncio da convocatoria e das bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha praza de técnico/a informático/a correspondente á oferta de emprego público de 2022.

A Resolución da Alcaldía núm. 949/2022, do 18 de xullo, aprobou a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha praza de técnico/a informático no Concello de Teo, correspondente á oferta de emprego público de 2022, coas seguintes características:

  • Denominación da praza: técnico/a informático/a.
  • Réxime: persoal laboral fixo.
  • Unidade/área: Administración xeral.
  • Categoría profesional: técnica media.
  • Grupo/subgrupo: A2.
  • Titulación esixible: grao ou equivalente en enxeñaría informática, diplomatura/titulación universitaria en enxeñaría técnica informática ou equivalentes.
  • Sistema selectivo: concurso-oposición.
  • Número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 145, do 2 de agosto de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria. Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da corporación, na páxina web municipal e no portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal

Publicado en teo.gal o 12 de setembro de 2022. 

ANUNCIO E BASES NO BOP 

O BOP número 145 do 2 de agosto de 2022 publica a convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha /1) praza de técnico/a informático/a correspondente á oferta de emprego público 2022. 

A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 949/2022, de 18 de xullo, aprobou as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dunha (1) praza de técnico/a informático/a, mediante o sistema de concurso – oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.

Podes consultar as bases reguladoras que rexerán a convocatoria premendo aquí.

Publicado en teo.gal o 3 de agosto de 2022.