O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

CONSTRUCCIÓN DE SENDAS PEONÍS EN CALO E OS TILOS

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 15 de maio de 2018 formalizouse o contrato para a execución das obras denominadas "CONSTRUCCIÓN DE SENDAS PEONÍS EN CALO E OS TILOS" entre o Concello e a empresa adxudicataria.

Publicado anuncio de formalización no BOP nº 65, do 04/04/2019 e  no Perfil de Contratante o mesmo día.

 

 

Faise público que a mesa de contratación reunirase o día 6 de marzo de 2018, ás 10:00 horas, na Casa do Concello para proceder á apertura dos sobres C "Oferta económica", en acto de carácter público.

Publicado no Perfil do Contratante o día 1 de marzo de 2018.

 

Rematado o prazo de presentación de proposicións faise público que, de conformidade co acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión do 20 de novembro de 2017, a mesa de contratación estará integrada polos seguintes membros:

 

Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.

Vogais:

- Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do concello.

- Mónica Lado Varela, interventora do concello.

- Ignacio Soto González, arquitecto municipal.

- Uxía Lemus de la Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.

- M.ª Dolores Nariño Facal, concelleira do grupo municipal do PP.

Secretaria:

Sandra María García Chenlo, adxunta á Secretaría Xeral do Concello.

Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade, por Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, o arquitecto municipal por Luis Javier Castro Martínez, arquitecto técnico municpal e a concelleira do grupo municipal do PP, por Ignacio Arroyo Font, concelleiro do mesmo grupo municipal. A secretaria da mesa será substituída por M.ª Elena Méndez Buela, administrativa adscrita á secretaría.

Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación” o día 28 de febreiro de 2018, ás 10:00 horas nas dependencias municipais.

Publicado no Perfil do Contratante o día 21 de febreiro de 2018.

 

NOTA INFORMATIVA: Co obxecto de resolver as dúbidas xurdidas sobre a nova a pertura de prazo de presentación de proposicións, publícase a presente nota informativa

 

A Resolución da alcaldía de 10 de xaneiro de 2018, en relación á licitación da obra denominada “CONSTRUCCIÓN DE SENDAS PEONÍS EN CALO E OS TILOS”, Expediente núm. O-13/17, incluída no Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos POS+2017), ordena publicar anuncio, no que conste como clasificación a efectos de acreditación da solvencia a que a continuación se indica e abrir novo prazo para a presentación de solicitudes durante vinte e seis días a contar desde a publicación do anuncio referido:

 

1.- Entidade adxudicadora: Concello de Teo

2.- Obxecto do contrato: CONSTRUCCIÓN DE SENDAS PEONÍS EN CALO E OS TILOS

3.- Expediente: O-13/17

4.- Tramitación e procedemento de adxudicación: Tramitación ordinaria e procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo)

5.- Orzamento: 201.755,96€ máis 42.368,75€ de IVE (244.124,71€)

6.- Valor estimado do contrato: 201.755,96€

7.- Clasificación: Non se esixe

Clasificación a efectos de acreditación da solvencia:

Grupo E subgrupo 1 categoría 1

Grupo G, subgrupo 3, categoría 1

8.- Garantía provisional: non se esixe.

9.- Garantía definitiva: 5% do prezo de adxudicación do contrato (IVE excluido)

10.- Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación a conta do contratista: 600,00€

11.- Prazo de execución: 2 (dous) meses

12.- Información: os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil do Contratante(www.teo.gal)

13.- Presentación de proposicións: no Rexistro do concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincial ou no Perfil do contratante.

 

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa, 38, Lucí, 15883 Teo. Teléfono 981 815700. Fax 981 809401.

Teo, 10 de xaneiro de 2018

O alcalde,

Rafael C. Sisto Edreira

 

Publicado no BOP nº 11 do 16 de xaneiro de 2018 e no Perfil de Contratante o mesmo día.

 

En data 10 de xaneiro de 2018 o Sr. alcalde do Concello de Teo resolveu (Res. 49/2018), entre outros, admitir o recurso interposto pola Federación Gallega de la Construcción, así como ordenar a publicación do novo anuncio de licitación, abrindo un novo prazo para a presentación de proposicións.

 

En data 20 de novembro de 2017 adoptouse acordo da Xunta de Goberno Local pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo), da obra denominada “CONSTRUCCIÓN DE SENDAS PEONÍS EN CALO E OS TILOS”, Expediente núm. O-13/17, incluída no Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos  de competencia municipal (Plan Único de Concellos POS+2017) e  de acordo co seguinte cadro de características:

 

1.- Entidade adxudicadora: Concello de Teo

2.- Obxecto do contrato: CONSTRUCCIÓN DE SENDAS PEONÍS EN CALO E OS TILOS

3.- Expediente: O-13/17

4.- Tramitación e procedemento de adxudicación: Tramitación ordinaria e procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo)

5.- Orzamento: 201.755,96€ máis 42.368,75€ de IVE (244.124,71€)

6.- Valor estimado do contrato: 201.755,96€

7.– Clasificación: Non se esixe

      Clasificación a efectos de acreditación da solvencia:

      Grupo G, subgrupo 3, categoría 2

      Grupo E subgrupo 3 categoría 2

8.- Garantía provisional: non se esixe.

9.- Garantía definitiva: 5% do prezo de adxudicación do contrato (IVE excluido)

10.- Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación a conta do contratista: 600,00€

 11.- Prazo de execución:  2 (dous) meses

12.- Información: os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil do Contratante(www.teo.gal)

13.- Presentación de proposicións: no Rexistro do concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincial ou no Perfil do contratante.

 

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa, 38, Lucí, 15883 Teo. Teléfono 981 815700. Fax 981 809401.

Teo, 5 de decembro de 2017

O alcalde,

Rafael C. Sisto Edreira

 

Publicado no BOP nº 234 do 12 de decembro de 2017 e no Perfil de Contratante o mesmo día