O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 1 de xuño de 2018 formalizouse o contrato para a execución das obras denominadas "CONSTRUCCIÓN DE SENDA PEONIL DE ACCESO AO CAMPO DE FÚTBOL DE CACHEIRAS" entre o Concello e a empresa adxudicataria.
Publicado no Perfil de Contratante o día 1 de abril de 2019.
Faise público que finalmente a mesa de contratación se constituirá para a apertura do sobre C "Oferta económica" o día 21 de marzo de 2018, ás 13:30 horas nas dependencias municipais.
Publicado no Perfil de Contratante o día 19 de marzo de 2018.
A mesa de contratación na súa reunión do do día de hoxe, acordou reunirse o día 19 de marzo de 2018, ás 10:00 horas na Casa do Concello para proceder á apertura dos sobres C "Oferta económica" en acto de carácter público.
Publicado no Perfil de Contratante o día 12 de marzo de 2018.
Faise público que de acordo cos pregos de cláusulas administrativas que rexen a contratación, a mesa de contratación quedará constituída do seguinte modo:
Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.
Vogais:
-Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello.
-Mónica Lado Varela, interventora do Concello.
-Ignacio Soto González, arquitecto municipal.
-Uxía Lemus de la Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.
-Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro do grupo municipal Mixto.
Secretaria:
Sandra M.ª García Chenlo, adxunta a secretaría do concello.
Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade por Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, o arquitecto municipal polo arquitecto técnico municipal Luis Javier Castro Martínez. A secretaria da mesa será substituída por Jesús Naveira Vázquez, xefe dos servizos administrativos.
Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación” o día 12 de marzo, ás 09:30 horas nas dependencias municipais.
Publicado no Perfil do Contratante o día 2 de marzo de 2018
En data 22 de xaneiro de 2018 ditouse Resolución da Alcaldía pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, con un único criterio de valoración (oferta económica), da obra denominada “CONSTRUCCIÓN DE SENDA PEONIL DE ACCESO AO CAMPO DE FÚTBOL DE CACHEIRAS”, Expediente núm. O-2/18, incluída no Plan de Acción Social (PAS) Adicional 1/2015 e de acordo co seguinte cadro de características:
1.- Entidade adxudicadora: Concello de Teo
2.- Obxecto do contrato: CONSTRUCCIÓN DE SENDA PEONIL DE ACCESO AO CAMPO DE FÚTBOL DE CACHEIRAS.
3.- Expediente: O-2/2018
4.- Tramitación e procedemento de adxudicación: Tramitación ordinaria e procedemento aberto, con un único criterio de valoración (oferta económica).
4.- Orzamento: 54.523,36 € máis 11.449,91 € de IVE
5.- Valor estimado do contrato: 54.523,36 €
6.- Clasificación: non se esixe
Clasificación a efectos de acreditación da solvencia: Grupo E subgrupo 1 categoría 1 e Grupo G Subgrupo 3 Categoría 1.
7.- Garantía provisional: non se esixe
8.- Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluido)
9.- Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación a conta do contratista: 900,00 €
10.- Prazo de execución: 2 meses
11.- Información: os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil do Contratante (www.teo.gal)
12.- Presentación de proposicións: no Rexistro do Concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia.
Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883 - Teo - Teléfono: 981 815700, Fax: 981 809401
Teo, 22 de xaneiro de 2018
O alcalde,
Rafael C. Sisto Edreira
Publicado no BOP nº 21 do 30 de xaneiro de 2018 e no Perfil do Contratante o mesmo día.
Attachment | Size |
---|---|
Prego de cláusulas administrativas.pdf | 3.01 MB |
Proxecto.pdf | 15.98 MB |
Formalización contrato_1.pdf | 50.01 KB |