Constitución da bolsa de emprego para o Servizo Municipal de Emerxencias

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a aprobación da constitución da bolsa de emprego de persoal laboral temporal do Servizo Municipal de Emerxencias, coa seguinte relación de aspirantes, sendo que os chamamentos produciríanse atendendo á orde de prelación das persoas aspirantes e en función das necesidades existentes.

Podes consultar aquí a relación de aspirantes e a orde de prelación

Publicado en teo.gal o 19 de maio de 2021. 

Publícanse os resultados finais do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación, con carácter temporal, de persoal do Servizo Municipal de Emerxencias. 

Consulta aquí os resultados finais do proceso coa relación de persoas aspirantes que superaron as probas.

Publicado en teo.gal o 11 de maio de 2021

Publícanse os resultados do segundo exercicio do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación, con carácter temporal, de persoal do Servizo Municipal de Emerxencias. 

Consulta aquí os resultados do segundo exercicio

Concédese un prazo de dous (2) días hábiles para os efectos de alegacións e/ou reclamacións, prazo que contará dende a publicación dos resultados do segundo exercicio. Deste xeito o prazo de reclamacións vai do 5 ao 6 de maio (ambos incluídos)

O terceiro exercicio da fase de oposición, coñecemento do galego, terá lugar o venres 7 de maio de 2021, ás 12:00 horas na sala de Xuntas da Casa Consistorial, situada na Travesía da Ramallosa, nº 38-Lucí, para os aspirantes que non acreditaron o seu coñecemento. 

Publicado en teo.gal o 4 de maio de 2021

Publícase o resultado do primeiro exercicio do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación, con carácter temporal, de persoal do servizo municipal de emerxencias. 

Consulta aquí os resultados do primeiro exercicio

Superon este primeiro exercicio da fase de oposición os aspirantes que teñan unha puntuación igual ou superior a 5. 

Concédese un prazo de tres (3) días hábiles para os efectos de alegacións e/ou reclamacións, prazo que se conta dende a publicación do resultado na web, no taboleiro e no lugar do exame. Deste xeito o prazo vai do martes 20 ao xoves 22 de abril. 

O segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o xoves 29 de abril e 2021, ás 09:00 horas, na Casa Común de Rarís, lugar de Rarís, número 92. As persoas aspirantes deben acudir co seu propio calzado de seguridade, con independencia de que se lle faciliten os equipos de protección individual necesarios. 

Publidado en teo.gal o 19 de abril de 2021.

Publícase o nomeamento dun asesor no proceso selectivo da Bolsa do Servizo Municipal de Emerxencias. 

Acórdase nomear a D. Julio Golán Míguez, DNI nº***8558**, encargado do Servizo Municipal de Emerxencias de Teo, como persoal técnico asesor do tribunal cualificador
do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Teo .

Consulta aquí  a resolución de nomeamento completo. 

Publicado en teo.gal o 6 de abril do 2021. 

Publícase a resolución pola que se aproba a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso convocado para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal do Servizo Municipal de Emerxencias

Consulta aquí a lista definitiva

A realización do primeiro exercicio terá lugar o día 15 de abril de 2021, ás 12.30 horas, na Casa Común de Rarís, lugar de Rarís, nº 92, Teo. As persoas aspirantes deberán presentar a documentación identificadora.

A ubicación da Casa Común de Rarís podes vela premendo aquí

Publicado en teo.gal o 18 de marzo de 2021. 

Publíase a resolución pola que se aproba a lista provisional para a bolsa de emprego do Servizo Municipal de Emerxencias.

Consulta aquí a resolución completa coa lista provisional

O prazo para a enmenda ou subsanación é de 5 días hábiles, polo que o prazo estenderíase entre o luns 15 e o venres 19 de febreiro, ambos os dous incluídos.

Publicado en teo.gal o 12 de febreiro de 2021. 

Publícase no DOG número 9 do 15 de xaneiro de 2021 o ANUNCIO da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo para unha bolsa de emprego para a contratación de persoal do Servizo Municipal de Emerxencias.

A Resolución da Alcaldía nº 934/2020, do 16 de outubro de 2020, aprobou a convocatoria e as bases específicas reguladoras do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Teo, mediante o sistema de oposición.

A Resolución da Alcaldía nº 1128/2020, do 10 de decembro de 2020, aprobou a corrección de erros das devanditas bases, concretamente a base novena, relativa ao desenvolvemento do proceso selectivo.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Deste xeito o prazo será do 18 ao 29 de xaneiro ambos incluídos. 

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 219, do 22 de decembro de 2020, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da corporación, na páxina web municipal e no Portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal.

Descarga aquí a instancia para participar no proceso selectivo. 

Publicado en teo.gal o 15 de xaneiro de 2021. 

Publícase no BOP número 219 do 22 de decembro o anuncio da convocatoria e bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Teo.

Por Resolución da Alcaldía n.º 934/2020, de data 16 de outubro de 2020, aprobouse a convocatoria e as Bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Teo.

A Resolución da Alcaldía n.º 1128/2020, de data 10 de decembro de 2020, aprobou a corrección de erros das devanditas Bases, concretamente a Base Novena, relativa ao desenvolvemento do proceso selectivo.

A Resolución da Alcaldía n.º 1155/2020, de data 16 de decembro de 2020, aprobou a corrección de erros das devanditas Bases, concretamente as Bases Cuarta, Quinta e Novena.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria.

Publicado en teo.gal o 22 de decembro de 2020.