O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

BONIFICACIÓNS DA TARXETA SOCIAL METROPOLITANA

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Desde o 16 de abril de 2012 pode solicitarse a tarxeta social metropolitana, que outorga un 50% do custo das viaxes con tarxeta do transporte metropolitano, ata un máximo de 20 viaxes mensuais.

Consulta aquí as bases aprobadas en marzo de 2012 

O Concello de Teo foi habilitando posteriores bonificacións para esta tarxeta.

Consulta aquí as bases aprobadas en setembro do 2015 

En setembro do 2015 aprobáronse bonificacións para persoas con varios perfís e cumprindo os requisitos que establecen as bases (maiores de 65 anos, desempregados, persoas con discapacidade igual ou superior ao 65% ou estudantes ata os 18 anos). Consulta aquí as bases aprobadas en setembro do 2015 

Consulta aquí as bases aprobadas en marzo de 2016 

En marzo do 2016 ampliouse a bonificación aos estudantes para atender as idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos Consulta aquí as bases aprobadas en marzo de 2016 

 

O funcionamento da tarxeta social é moi sinxelo. A persoa solicitante deberá adquirir pola súa conta a tarxeta metropolitana, facer a primeira recarga e pagar con ela o importe dos traslados que realice durante o primeiro mes. Unha vez concedida a axuda por parte do Concello, a bonificación do 50% dos 20 primeiros traslados realizados durante o mes anterior cargarase directamente na tarxeta do usuario. Así, cada mes irase cargando na súa tarxeta a axuda do 50% correspondente ao gasto realizado o mes anterior, sempre co límite de 20 viaxes mensuais.

 

A nota tarxeta social metropolitana funciona en todos os Concellos da área metropolitana de Santiago a partir do 1 de maio de 2012 e permitiralles aos veciños de Teo trasladarse desde calquera parada de autobús do Concello de Teo ata a cidade de Santiago, e mesmo realizar un transbordo nos 60 minutos seguintes sen custo adicional. Coa tarxeta social, o prezo da viaxe redúcese á metade. 

 

O desconto aplicase nun máximo de 20 viaxes mensuais, e recargarase directamente a través da propia tarxeta unha vez efectuadas as viaxes.

Dirixido:

A tarxeta social metropolitana pódena solicitar cidadáns empadroados no municipio de Teo, que teñan unha antigüidade de empadroamento de polo menos doce meses en calquera concello da área metropolitana de Santiago.

 

As persoas maiores de 65 anos que o soliciten non poden exercer ningunha actividade laboral e os seus ingresos estarán por debaixo de 798,76 euros ao mes.

 

As persoas con discapacidade deberán presentar un certificado de minusvalía de, como mínimo, o 65%, e os ingresos deberán estar por baixo dos 798,76 euros.

E as persoas en desemprego teñen que figurar inscritas como demandantes de emprego durante os doce meses anteriores, contar cunha actividade laboral como mínimo durante doce meses nos últimos cinco anos, carecer de recursos económicos propios, e participar en itinerarios de inserción laboral.

 

As solicitudes deben ir acompañadas coa seguinte documentación: DNI, pasaporte ou NIE, tarxeta metropolitana que se adquire en NovaGaliciaBanco, certificado de empadroamento en caso de vir doutros concellos da área metropolitana, declaración da renda ou certificado negativo e certificado de pensións (positivo ou negativo). Ademais, no caso das persoas con discapacidade deben presentar o certificado de minusvalía. E as persoas en situación de desemprego o informe de vida laboral, certificado do período de inscrición no INEM, certificado de non percepción de subsidios e certificado de participación en itinerarios de inserción.

Lugar de solicitude:

As solicitudes poden presentarse na Casa do Concello.

En prazo de presentación: 00/00/0000 - 00/00/0000