Bolsa de operario/a de limpeza

Data presentación
Data presentación fin

APROBACIÓN DA BOLSA DE EMPRESO DE OPERARIO/A DE LIMPEZA 2022.

Publícase a aprobación da constitución da Bolsa de emprego de persoal laboral temporal, categoría persoal de limpeza, coa seguinte relación de aspirantes, sendo que os chamamentos produciríanse atendendo á orde de prelación das persoas aspirantes e en función das necesidades existentes.

Podes consultar a relación de aspirantes e a orde de prelación premendo aquí.

Publicado en teo.gal o 18 de abril de 2022.

RESULTADOS DEFINITIVOS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE LIMPEZA 

Publícanse os resultados definitivos do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de operario/a de limpeza no Concello de Teo. 

Consulta aquí o resultado do 2º exercicio, o resultado das alegacións presentadas e a relación de persoas aspirantes que superaron a fase de oposición. 

Publicado en teo.gal o 12 de abril de 2022. 

RESULTADOS DO PRIMEIRO EXERCICIO

Publícanse os resultados do primeiro exercicio do proceso selectivo para a constitución e funcionaemnto dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de operario de limpeza no Concello de Teo. 

Tamén se publica o modelo de respostas do exercicio. 

Consulta aquí o resultado e o modelo de respostas

Concédese un prazo de dous (2) días hábiles para os efectos de alegacións e/ou reclamacións, prazo que se conta dende a publicación das notas o día 1 de abril. Deste xeito o prazo de alegacións esténdese do 4 ao 5 de abril, ambos incluídos. 

O segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o xoves 7 de abril de 2022 ás 11:00 h. na Casa Consistorial, situado na Travesía da Ramallosa, nº 38. 

Publicado en teo.gal o 1 de abril de 2022. 

DATA DO PRIMEIRO EXERCICIO

O tribunal deste proceso fixou a data do primeiro exercicio deste procedemento para o día 30 de marzo de 2022 ás 11.00 h no edificio do Auditorio Constate Liste, sutuado na rúa da Lagoa 2, A Ramallosa.

Consulta aquí esta resolución.

Publicado en teo.gal o 22/03/2022.

LISTAXE DEFINITIVA PERSOAS ADMITIDAS. 

Publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a constitución da bolsa de emprego de operarios/as do servizo de limpeza.

Consulta aquí a listaxe completa

Publicado en teo.gal o 21 de marzo de 2022. 

LISTAXE PROVISIONAL PERSOAS ADMITIDAS. 

Publícase a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a constitución da bolsa de emprego de operarios/as do servizo de limpeza.

Consulta aquí a listaxe completa

O prazo para a subsanación esténdese entre os días 8 e 14 de marzo, ambos os dous incluídos.

Publicado en teo.gal o 7 de marzo de 2022. 

APERTURA DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. BOLSA DE LIMPEZA. 

O DOG número 34 do 18 de febreiro publica o ANUNCIO da convocatoria e bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e o funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación, con carácter temporal, de operario/a de limpeza.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes irá do 21 de febreiro ao 4 de marzo (ambos incluídos). 

Descarga aquí a instancia de solicitude. 

Consulta aquí as bases completas da convocatoria. 

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 11, do 18 de xaneiro de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de transparencia do Concello de Teo www.teo.gal

Publicado en teo.gal o 18 de febreiro de 2022. 

O BOP número 11 do 18 de xaneiro de 2022 publica o anuncio da convocatoria e bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de operario/a de limpeza no Concello de Teo.

Consulta aquí o anuncio publicado no BOP coas bases completas.

As bases teñen por obxecto a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación
con carácter temporal de persoal laboral na categoría de operario/a de limpeza do Concello de Teo, por motivos urxentes e inaprazables ou para atender as eventuais necesidades que poida demandar o devandito servizo.

A lista de agarda resultante deste proceso selectivo terá unha vixencia máxima de tres (3) anos.

Prazo de presentación de solicitudes:

As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, empregando o Anexo I destas Bases, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas, e no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
 

Publicado en teo.gal o 18 de xaneiro de 2022.