Aprobación da bolsa de emprego de tractorista/palista

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a aprobación da constitución da bolsa de emprego de persoal laboral temporal, categoría tractorista/palista, coa seguinte relación de aspirantes que podes consultar premendo aquí

Consulta aquí a resolución completa

Publicado en teo.gal o 7 de setembro de 2021. 

Publícase o resultado do segundo exercicio do proceso convocado para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal laboral, categoría de tractorista/palista. 

Publicado en teo.gal o 09/08/2021.

Publícase o resultado do primeiro exercicio do proceso convocado para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal laboral, categoría de tractorista/palista. 

Consulta aquí o resultado do 1º exercicio

Ábrese un prazo de alegacións ou reclamacións de tres días hábiles dende a publicación dos resultados que se fai o 7 de xullo. Deste xeito o prazo esténdese dende o 8 ao 12 de xullo. 

O segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o 5 de agosto de 2021, quedando os aspirantes convocados para comparecer no Auditorio Municipal Constante Liste (Rúa da Lagoa, 2, A Ramallosa, Teo), ás 10:30 horas. 

Publicado en teo.gal o 7 de xullo de 2021. 

Publícase o modelo coas respostas correctas do 1º exame do proceso convocado para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal laboral, categoría de tractorista/palista. 

Consulta aquí o modelo

Publicado en teo.gal o 6 de xullo de 2021. 

Publícase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso convocado para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal laboral, categoría de tractorista/palista.

Consulta aquí a lista definitiva e data da primeira proba

A realización do primeiro exercicio terá lugar o día martes 6 de xullo de 2021, ás 11.30 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, travesía da Ramallos, nº 38, Teo. As persoas aspirantes deberán portar a documentación identificativa.

Publicado en teo.gal o 21 de xuño de 2021.

Publícase a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal laboral temporal, categoría tractorista/palista.

Consulta aquí a lista provisional de persoas admitidas e excluídas

De conformidade co previsto na base sétima das Bases reguladoras deste proceso selectivo, as persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos. O prazo esténdese do 21 ao 27 de maio, ambos os dous incluídos.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixisen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídas na relación de admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo. De non se presentar reclamacións ou correccións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva

Publicado en teo.gal o 20 de maio de 2021

Publícase no DOG número 75 do 22 de abril o anuncio da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo de constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego de contratación, con carácter temporal, de persoal laboral, categoría tractorista/operador de pa.

A Resolución da Alcaldía nº 269/2021, do 15.3.2021, aprobou a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego de contratación con carácter temporal de persoal laboral, categoría tractorista/operador de pa do Concello de Teo, mediante o sistema de oposición.

O BOP da Coruña nº 53, do 22.3.2021, publicou integramente as bases da convocatoria. Os sucesivos anuncios sobre o desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios, na web municipal e no Portal de Transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal. 

De conformidade co previsto nas bases que rexen a convocatoria, publicadas no BOP nº 53, do 22 de marzo de 2021, o prazo para a presentación de instancias será de 10 días hábiles, a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O anuncio no DOG publícase o 22 de abril e podes consultalo aquí

En consecuencia, o prazo de presentación de instancias abrangue desde o 23 de abril de 2021 ao 6 de maio ambos os dous incluídos

Descarga aquí a instancia de solicitude para participar no proceso selectivo

Publicado en teo.gal o 22 de abril de 2021

Publícase no BOP número 53 do 23 de marzo o anuncio da convocatoria e bases específicas dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal laboral, categoría tractorista/palista. 

A Resolución da Alcaldía n.º 269/2021, de data 15 de marzo de 2021, aprobou a convocatoria e as Bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal laboral, categoría tractorista/palista do Concello de Teo.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria.

Publicado en teo.gal o 22 de marzo de 2021.