O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN CONSTENLA E SAN XOÁN DE CALO

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 16 de xaneiro de 2018 formalizouse o contrato para a prestación do servizoAFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL DE CONSTENLA E SAN XOÁN DE CALO entre o Concello e a empresa adxudicataria.

Publicouse no Perfil de Contratante o día 1 de febreiro de 2018.


ADXUDICACIÓN: Por Resolución da Alcaldía de data 21 de decembro de 2017 adxudicouse o contrato para a execución da obra denominada "AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL DE CONSTENLA E SAN XOÁN DE CALO", incluída no POS+2017 da Deputación provincial da Coruña, á empresa "CONSTRUCCIONES PONCIANO NIETO, S.L." con estrita suxeición ao Prego de cláusulas administrativas e á súa oferta polo prezo de 27.442,01€, IVE engadido (22.679,35€, máis 4.762,65€ de IVE).


Fixouse o prazo de execución do contrato en 2 meses, contado s apartir da data de sinatura da acta de reformulo.

 

 

O venres 1 de decembro de 2017 ás 10:30 horas reúnese a mesa de contratación para realizar o exame da documentación xustificativa das ofertas presentadas incursas en baixa desproporcionada.

Publicado en teo.gal o 28 de novembro de 2017.

Publícase a data de apertura do sobres C, que se fará en acto público o 27 de novembro de 2017 ás 10:00 horas.

Publicado en teo.gal o 22 de novembro de 2017.

Rematado o prazo de presentación de proposicións faise público que, de acordo coa Resolución da Alcaldía de data 6 de outubro de 2017, pola que se aproba o expediente de contratación, a mea de contratación estará integrada polos seguintes membros:

Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.

Vogais:

-Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do concello.

-Mónica I. Lado Varela, interventora do concello.

-Ignacio soto González, arquitecto municipal.

-Uxía Lemus de la Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.

-Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro do grupo municipal mixto.

Secretaria:

Sandra María García Chenlo, adxunta a secretaría xeral do concello.

Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade, por Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas e o arquitecto municipal por Luis Javier Castro Martínez, arquitecto técnico municipal. A secretaria da mesa será substituída por M.ª Elena Méndez Buela, administrativa adscrita a Secretaría.

Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación”o día 22 de novembro de 2017, ás 10:00 horas nas dependencias municipais.

Publicado no Perfil do Contratante o día 15 de novembro de 2017.

 

En data 6 de outubro de 2017 ditouse Resolución da Alcaldía pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo), da obra denominada AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN CONSTENLA E SAN XOAN DE CALO”, Expediente núm. O-9/17, incluída no Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos POS+2017) e de acordo co seguinte cadro de características:

 

1.-       Entidade adxudicadora: Concello de Teo

2.-       Obxecto do contrato: AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN CONSTENLA E SAN XOAN DE CALO  

3.-       Expediente: O-9/17

4.-       Tramitación e procedemento de adxudicación: Tramitación ordinaria e procedemento aberto, cún único criterio de valoración (factor prezo).

5.-       Orzamento: 35.936,22€ máis 7.546,61€ de IVE (43.482,8396.252,18 €)

6.-       Valor estimado do contrato: 35.936,22€

7.-       Clasificación: non se esixe

Clasificación a efectos de acreditación da solvencia: Grupo G subgrupo 4 e 5 categoría 1

8.-       Garantía provisional: non se esixe

9.-       Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluido)

10.-     Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación a conta do contratista: 600,00 €

11.-     Prazo de execución: 2 (dous) meses

12.-    Información: os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil do Contratante (www.teo.gal)

13.-     Presentación de proposicións: no Rexistro do Concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no perfil do contratante.

 

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883  Teo   Teléfono: 981 815700, Fax: 981 809401

 

Teo, 6 de outubro de 2017

O alcalde,

Rafael C. Sisto Edreira

 

Publicado no BOP nº 194 do 11 de outubro de 2017 e no Perfil de Contratante o mesmo día

Arquivos
Attachment Size
Prego de cláusulas administrativas.pdf 1.54 MB
Proxecto.pdf 5.18 MB