
Programa Fogares
Rúa da Lagoa, nº 2. Lucí.
lirolo@provivenda.org
678 867 327
Lucí
O Concello de Teo asinou, no primeiro trimestre do ano 2022, un convenio coa entidade Provivienda que lle permitiu por en marcha o programa Fogares no noso municipio. Trátase dunha iniciativa que permitirá habilitar seis vivendas que faciliten a inclusión social de persoas vulnerables ou en exclusión residencial. Desta forma búscase contribuír a mellorar a calidade de vida destas persoas a través do acceso a vivendas integradas na comunidade facilitando os apoios profesionais e personalizados que cada caso requira.
Son seis as vivenda que se habilitarán a través deste programa que achega apoios ás familias que buscan unha vivenda e garantías ás propietarias.
As familias beneficiarias son derivadas desde os servizos sociais municipais e a campaña de busca de vivendas está activa actualmente. Polo que as persoas interesadas en incorporar unha propiedade ao programa poden contactar a través de correo electrónico ou teléfono:
678 867 327
lirolo@provivenda.org
Provivienda xa ten en marcha Fogares noutras localidades e o Concello de Teo quixo aproveitar esta experiencia positiva para avanzar na resposta a unha realidade constatada como é o carácter excluínte que ten o mercado libre de vivenda.
A iniciativa estará en marcha durante o ano 2022 grazas ao financiamento da Deputación da Coruña. Non obstante, o obxectivo é consolidar o programa como ferramenta para promover o exercicio do dereito a unha vivenda digna.