O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Ignacio Iglesias

Ignacio Iglesias

Ignacio Iglesias Villar naceu en 1965 na Casalonga, en Calo (Teo). É Diplomado en Traballo Social e Graduado en Relacións Laborais, con master de especialización en Sexoloxía na Universidade de Alcalá de Henares e Drogopendendencias en Santiago de Compostela.

Traballa dende hai anos como xerente do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, e durante tres anos foi o coordinador dos Centros Quérote da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Militou no BNG dende os anos noventa, e foi concelleiro en Teo polo BNG entre os anos 2004, 2005 e 2006. De novo foi escollido concelleiro nas eleccións municipais do ano 2011 formando parte do goberno xestionando as áreas de Benestar, Igualdade e Participación Veciñal. No 2015 foi elixido de novo edil pola lista Son de Teo-Anova. Actualmente milita en Anova.