O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Educación, Muller, Igualdade, Diversidade e Lingua

* A área de Educación do Concello de Teo é a encargada dos contactos cos distintos centros de ensino do municipio para o desenvolvemento de programas e actividades específicas.

Dende a Concellería de Educación preténdese fomentar o desenvolvemento integral da personalidade da infancia nos ámbitos social, intelectual e afectivo, co fin de propiciar os valores da solidariedade, da democracia e da convivencia respectuosa sen discriminación nin violencia, mediante dinámicas lúdicas e formativas que estimulen o interese polo coñecemento.

 

* A área de Igualdade ten como obxectivo mobilizar a sociedade de Teo cara actitudes que garantan a igualdade nos dereitos e no trato entre homes e mulleres, e ao mesmo tempo que sexan o mellor recurso contra a violencia contra das mulleres e conseguir un Teo libre de violencias

Recursos: CIM, Plan de Igualdade, campañas de fomento da igualdade.

 

* A Concellaría de Lingua ten como obxectivo a normalización da lingua galega tanto a nivel institucional como da poboación do Concello: persoas, entidades asociativas ou empresariais.

Garantir a calidade lingüística no uso interno a través da documentación escrita, a competencia do persoal e a permanente detección de necesidades para a mellora, como un modelo que queremos que a sociedade teense teña como referente.

Para acceder ao Servizo de normalización lingüística, dependente desta área, preme aquí. Nese espazo da web poderás informarte dalgúns dos programas que temos en marcha dende Lingua.