O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Servizo de Atención Temperá de Teo e Ames acada os 110 casos atendidos

| compartir:

Teo e Ames prestan conxuntamente o Servizo de Atención Temperá dende novembro do 2021. Rematado o primeiro ano de funcionamento xa se acadan os 110 casos vinculados ao servizo. A valoración da actividade deste servizo é moi positiva entre as familias beneficiarias, outorgando unha puntuación global media do servizo de 4,82 sobre 5 puntos.

Para poder dar continuidade ao mesmo os concellos implicados acordaron prorrogar o convenio asinado no seu día e presentaron unha nova solicitude conxunta á subvención que convocou a Consellería de Política Social e Xuventude para o mantemento destes dispositivos. O resultado foi favorable, segundo se puido coñecer recentemente a través da resolución de concesión publicada no DOG cun importe total para as anualidades do 2023 e 2024 de 273.638,43 euros. Deste xeito o SAT dos concellos de Teo e Ames poderán reforzar a atención aos menores coa incorporación dunha cuarta profesional ao equipo que a partir deste mes de febreiro estará conformado por un psicólogo, unha terapeuta ocupacional, e dúas logopedas, unha delas a xornada parcial.

Este reforzo profesional permitirá atender con maior axilidade ás nenas e nenos entre 0 e 6 anos que presentan algunha dificultade no seu desenvolvemento, particularmente na área da linguaxe e comunicación na que se estaba a concentrar a maior demanda de atencións.

Funcionamento

O local do SAT está na Travesía das Galanas, nº 67, 1º andar e funciona no seguinte horario: 

Luns martes e xoves: 9:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 19:00 horas.

Mércores: 9:00 a 19:00 horas. 

Venres: 8:00 a 14:30 horas.

Para ser usuario/a deste servizo hai que solicitalo a través dos servizos sociais comunitarios de cada Concello. 

Teo conta con este servizo dende o 2018 cando botou a andar o SAT nun local en Cacheiras para atender unha demanda da primeira infancia con problemas no seu desenvolvemento que non estaba suficientemente cuberta noutros servizos públicos. Dende o 2021 Teo asume a encomenda de xestión do servizo compartido con Ames, o que supón atender toda a tramitación da subvención que financia esta actividade ou a licitación e contratación do servizo. 

 

 

sat

sat