O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello precinta a planta de "Residuos y Reciclajes de Santiago" na Casalonga

| compartir:

O Concello procedeu esta mañá a executar a medida cautelar de precinto da actividade de Residuos y Reciclajes de Santiago S.L. na Casalonga. Persoal técnico municipal, acompañados da concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, estiveron esta mañá nas intalacións da firma para facer efectivo o peche diante do seu incumplimento de cese voluntario da actividade.

En xuño deste ano unha visita de inspección urbanística determinou que nesa zona se estaba realizando unha actividade sen licenza consistente en almacenaxe e tratamento de residuos e a instalación do que parece un vertedoiro incontrolado de RCD`s sen un proceso axeitado de clasificación, tratamento, valorización e almacenaxe.

Ante esta situación e coa finalidade de evitar maiores danos sobre o entorno natural no que se atopa a instalación en xuño deste ano ditouse un decreto no que se resolvía dispoñer o cese inmediato da actividade de actividade e uso dunha planta de tratamento e almacenamento de residuos da construción, situada na estrada da Casalonga, na parroquia de Calo. Tamén se incoaba expediente de reposición da legalidade urbanística. 

O Concello entende que a empresa está facendo un uso do solo sen título habilitante. No decreto no que se acordou o precinto tamén se decide poñer en coñecemento do Ministerio fiscal o incumprimento da orde de suspensión e dar traslado da decisión á Axencia de Protección da legalidade urbanística e a Dirección Xeral da Calidade Ambiental e Cambio Climático.  

precinto