O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A infancia pide dende Oviedo que as súas propostas e opinións non sexan de "porcelana"

| compartir:

Non buscan likes vacíos nin piden móbiles para todos. Os nenos, nenas e adolescentes van en serio: "Fai falla dicir que nós somos o futuro, e non podemos pensar sempre na xente de hoxe, porque dentro de moi poucos anos, nós estaremos ahí, e fai falla escoitarnos dende xa" explica Julia, de 15 anos. Así de claro se expresa a infancia e mocidade despois de participar no Quinto Encontro Estatal de Consellos de Participación Infantil e Adolescente, que se celebrou esta pasada fin de semana en Oviedo.

Teo foi un dos Concellos galegos que participou neste encontro estatal. Alí estiveron as rapazas Carla Feros, María Salgado e Beatriz García acompañadas da educadora familiar do Concello. Teo traballa dende hai meses para ser cidade amiga da infancia, un nomeamento que outorga Unicef vendo o traballo que se realiza coa infancia e adolescencia.

O V encontro foron tres días de intenso traballo, combinando a creatividade artística, a análise da realidade e o marco dos seus dereitos para os 200 participantes de entre 10 e 17 anos de idade, que a través dos Consellos da Infancia das súas localidades representaron a máis de 800.000 nenos e nenas de trece comunidades autónomas. Os/as mozos/as representantes estiveron adicados a materializar o lema do encontro "Creando o puzle dos nosos dereitos" que ten como eixe a equidade. As temáticas traballadas están enmarcadas nos principios da Convencióin sobre os Dereitos do Neno centradas en: participación infantil, non discriminación, e supervivencia e desenvolvemento.

As tres temáticas sobre as que más incidiron os/as participanes foron: a igualdade de xénero, identidade e diversidade, e o ciberbullying en redes sociais.

Desta xuntanza estatal saiu o Manifesto de Oviedo, coas súas ideas e propostas, que terá un longo percorrido durante os próximos meses. Por unha banda será unha ferramenta para trasladar a voz da infancia aos actores políticos por parte da Plataforma da Infancia e UNICEF Comité Español, co fin de que as propostas dos nenos e nenas sexan tidas en conta no deseño de políticas e programas dirixidos á infancia. Tamén está previsto que un grupo de representantes de nenos, nenas e adolescentes, as presente no 2019 ante a Comisión de Dereitos da Infancia e Adolescencia do Congreso dos Deputados.

Este evento foi organizado pola Plataforma da Infancia, o Concello de Oviedo, anfitrión da V edición, e UNICEF Comité Español.

Acerca do Programa Cidades Amigas da Infancia

O Programa Cidades Amigas da Infancia, que lidera UNICEF Comité Español dende o ano 2002, en alianza co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) y o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA), ten como obxectivo o diseño e implementación de políticas públicas eficaces para mellorar o benestar dos nenos e nenas, defendendo os seus dereitos, fomentando a súa participación e facendos das cidades entornos máis habitables, especialmente para os máis mozos.

Campaña de seguridade viaria

O Consello local da infancia e adolescencia de Teo, que leva traballando uns meses presentará este mes de xuño unha campaña de seguridade viaria. Na súa reunión constitutiva acordaron realizar este traballo para concienciar aos adultos da necesidade de mellorar a seguridade viaria. Despois de semanas de traballo o próximo venres 15 de xuño presentarannos a súa Campaña de seguridade viaria.