O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Benestar destaca a importancia do voluntariado na campaña do Nadal solidario

| compartir:

O departamento de Benestar, dirixido por Ignacio Iglesias, realiza en Nadal unha campaña solidaria que permite que a infancia de Teo teña agasallos nestas datas. Dende o Concello destacamos a importancia das aportacións e colaboración de empresas e particulares con esta iniciativa. 

A campaña fai unha recadación mediante a venda de vales de 5 euros e tamén recibe fondos directamente de empresas. Nesta edición recadáronse 1.840 euros, dos cales algo máis do 80% procedeu dunha doazón da empresa teense Tarlogic. Trátase dunha firma que ten amosada reiteradamente o seu carácter solidario xa que tamén colabora de xeito habitual co Banco de alimentos municipal. 

Neste nadal, cos cartos obtidos, agasallouse a un total de 71 nenos/a ou adolescentes. O gasto medio dos regalos foi de 25 euros e fíxose no comercio local, nas firmas que tamén colaboraron co Concello coa venda dos vales solidario: Multicentro Pernas, a Vagoneta educativa e a Librería d´Ana. 

Cabalgata nas residencias

Por outra banda o 5 de xaneiro tamén se volveu a celebrar a tradicional cabalgata que visita as residencias de maiores e centros de discapacidade. Esta visita das súas maxestades tivo que interrumpirse os últimos anos pola pandemia. Neste 2023, Melchor, Gaspar e Baltasar, volveron a visitar cinco residencias de Teo e o centro de día ocupacional de Aspamite. En total entregaron 355 pequenos obsequios nun día máxica que os/as usuarios/as recibiron con moita ilusión. Neste caso colaboraron coa iniciativa cinco persoas voluntarias.

 

Os arcángeles