O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
RESOLUCIÓN EXPEDIENTE: 2025/E005/000053
Declarar persoal laboral fixo a José Domínguez Dubra, provisto de DNI nº***1360**, para a provisión dunha (1) praza de oficial de protección civil, persoal laboral fixo, grupo C, subgrupo C2, cos efectos que procedan respecto do seu dereito de opción, ao abeiro do previsto no artigo 10 da Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao servizo das Administracións Públicas.
Publicado en teo.gal o venres, 27 de xuño de 2025.
FORMALIZACIÓN CONTRATO
Contratar como persoal laboral fixo ás persoas que de seguido se relacionan, para a provisión de cinco (5) prazas de oficial/a de Protección civil, persoal laboral fixo, grupo C, subgrupo C2, con data de efectos do día 1 de xuño de 2025.
Publicado en teo.gal o luns, 26 de maio de 2025.
CREACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO.
Aprobar a creación da bolsa de emprego para as prazas de oficial/a de Protección Civil da seguinte relación de aspirantes.
Publicado en teo.gal o xoves, 27 de marzo de 2025.
REMATE DO PROCESO SELECTIVO.
Revisadas as reclamacións contra a baremación publicada o pasado 16 de xaneiro de 2025, publícase a acta da sesión na que se desestiman e a dilixencia da Secretaria do Tribunal Cualificador, dando así por rematado o proceso selectivo para a provisión, de seis (6) prazas de oficial/a de protección civil, persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, de 28 de decembro.
Publicado en teo.gal o venres, 21 de marzo de 2025.
SELECCIÓN PERSONAL. ESTABILIZACIÓN. OFICIAL/A DE PROTECCIÓN CIVIL. PERSOAL LABORAL FIXO.
Dáse por rematado o proceso selectivo mediante a publicación da puntuación final total das persoas aspirantes do proceso selectivo, por orde de puntuación, na páxina web municipal (www.teo.gal) e no taboleiro de anuncios do Concello.
Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da devandita baremación segundo se establece na base oitava. É dicir, do 17 ao 21 de xaneiro, ambos incluídos.
De acordo co previsto na base décima, elévase á Alcaldía a relación de aspirantes para proceder ao nomeamento como oficiais de Protección Civil, persoal laboral fixo, por ser as persoas aspirantes que acadaron a maior puntuación no proceso selectivo.
Proponse á Alcaldía a creación dunha bolsa de traballo para a praza convocada coas persoas aspirantes finalmente non seleccionadas, ordenadas por orde descendente de puntuación.
Publicado en teo.gal o xoves, 16 de xaneiro de 2025.
CORRECCIÓN DE ERROS. LISTA DEFINITIVA. ESTABILIZACIÓN. OFICIAL/A DE PROTECCIÓN CIVIL. PERSOAL LABORAL FIXO.
Corrixidos os erros materiais da Resolución da Alcaldía nº 1649/2024, de 16 de decembro.
Publicado en teo.gal o martes 17 de decembro de 2024.
LISTA DEFINITIVA. ESTABILIZACIÓN. OFICIAL/A DE PROTECCIÓN CIVIL. PERSOAL LABORAL FIXO.
Aprobada e publicada a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo para a provisión, de seis (6) prazas de oficial/a de protección civil, persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, de 28 de decembro.
Convócase ás persoas integrantes do tribunal cualificador para o vindeiro día venres 20 de decembro de 2024, ás 09.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.
Publicado en teo.gal o martes, 17 de decembro de 2024.
LISTA PROVISIONAL. ESTABILIZACIÓN. OFICIAL/A DE PROTECCIÓN CIVIL. PERSOAL LABORAL FIXO.
Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de oficial de protección civil, persoal laboral fixo.
Consulta aquí a listaxe provisional.
As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.
O prazo esténdese do 30 de xaneiro ao 10 de febreiro de 2023.
Respecto da documentación non presentada e que figura como causa de exclusión lémbrase a seguinte información:
Presentarase a instancia empregando o modelo oficial publicado na páxina web e que podes descargar premendo aquí ou o publicado no Boletín Oficial da Provincia.
En canto á relación de méritos, deberá presentarse a mesma nun documento indicando nome e apelidos da persoa aspirante, DNI e detallarase a documentación que se presentou ao respecto: cursos, contratos, tomas de posesión, vida laboral, etc.
Publicado en teo.gal o 27 de xaneiro de 2023.
ANUNCIO NO BOE E APERTURA DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. OFICIAL/A DE PROTECCIÓN CIVIL.
Proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da lei 20/2021, do 28 de decembro.
O BOE número 301 do 16 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria da praza de oficial/a de protección civil, persoal laboral, pertencente ao Servizo Municipal de Emerxencias, grupo C, subgrupo C2, oficial de primeiro.
Consulta aquí o anuncio completo.
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para proveer mediante o sistema de concurso a praza de oficial/a de protección civil.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no "Boletín Oficial do Estado".
O prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de estabilización das prazas vai do 17 de decembro de 2022 ao 16 de xaneiro de 2023.
Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso.
Publicado en teo.gal o 16 de decembro de 2022.
ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN. OFICIAL/A DE PROTECCIÓN CIVIL.
O DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases das convocatorias para a provisión de prazas de funcionaria/o de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.
Consulta aquí o anuncio completo.
O anuncio inclúe a convocatoria da praza de oficial/a de protección civil, persoal laboral, pertencente ao Servizo Municipal de Emerxencias, grupo C, subgrupo C2, oficial de primeiro.
Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.
BASES XERAIS, ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NAS DISPOSICIÓNS ADICIONAIS 6ª E 8ª DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. PRAZA DE OFICIAL/A DE PROTECCIÓN CIVIL.
O BOP NÚMERO 230 DO 5 DE DECEMBRO PUBLICA O ANUNCIO
O BOP número 230 do 5 de decembro publica o anuncio das bases xerais, específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, de 28 de decembro.
Convócase a praza de oficial/a de protección civil, persoal laboral, pertencente ao Servizo Municipal de Emerxencias, grupo C, subgrupo C2, oficial de primeiro.
A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1561/2022, de 29 de novembro, aprobou as bases xerais, especificas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria e podes consultar premendo aquí
Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| anuncio BOE - 16.12.22_4.pdf | 190.19 KB |
| anuncion dog estabilizacion_0_4.pdf | 411.82 KB |
| bases estabilizacion disposicions 6 e 8 _4.pdf | 252.57 KB |
| Instancia_estabilización_concurso_4.pdf | 67.21 KB |
| Listas provisionais_oficial_PC.pdf | 56.22 KB |
| Listas definitivas_oficial_PC.pdf | 63.47 KB |
| Corrección_erros_listas_definitivas PC.pdf | 98.39 KB |
| resultado_proceso.pdf | 1.61 MB |
| ACTA CONTESTACIÓN DE RECURSOS PROTECCIÓN CIVIL.pdf | 2.13 MB |
| Dilixencia secretario.pdf | 46.77 KB |
| Resolución.pdf | 57.34 KB |
| Resolución corrección erros bolsa de emprego.pdf | 65.68 KB |
| 250526_Resolución_contratación_PC.pdf | 50.48 KB |
| Resolución contratación_José_Domínguez_Dubra.pdf | 64.48 KB |