O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Vives emprende organiza un taller sobre estudos de mercado

| compartir:

O Vives Emprende organiza un taller de "Márketing: estudo de mercado" o mércores 19 de abril na aula de formación da Casa Común de Oza. As persoas interesadas en asistir a este taller poden contactar con Itziar Villar, a técnica de emprendemento  encargada do mesmo, no teléfono 630 639 649 ou no seguinte correo electrónico: ivillar@accioncontraelhambre.org

O taller deste mércores abordará os pasos a seguir para a elaboración dun estudo de mercado, as técnicas de investigación, a recollida de datos ou o ámbito xeográfico. O taller é de balde.

A seguinte actividade formativa será o mércores 26 de abril sobre "Autoestima e motivación" no mesmo horario, dende as 09:30 ás 13:30 horas. Podes consultar o calendario dos talleres grupais previstos para as próximas semanas premendo aquí

Vives Emprende é unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Teo a través dun convenio de colaboracióin con Acción contra el hambre. Trátase dun programa de apoio o emprendemento e de inserción sociolaboral que ten como obxectivo facilitar o acceso ao mundo profesional a persoas desempregadas en situación de vulnerabilidade a través da adquisición e mellora de competencias emprendedoras.

A estratexia de empregabilidade e emprendemento de Acción contra a Fame, denominada VIVES Proxecto, ten como obxectivo principal fomentar o espírito  emprendedor entre as persoas para facilitar o seu acceso ao mundo laboral a través do emprego por conta allea ou o autoemprego. No Concello de Teo estanse realizando este ano os dous programas neste eido, Vives Emprega e Vives Emprende.

O proxecto Vives Emprende é un programa de intervención integral para persoasdesempregadas ou con empregos precarios que se plantexan o emprendemento como unha alternativa de vida. Por un lado trabállanse contidos técnicos: desenvolvemento da idea, plan de negocio e a análises económico- financeiro, así como todos os as aspectos xurídicos e legais relacionados é o acceso a financiación e por outro contidoscompetenciais: desenvolvemento de competencias emprendedoras para afrontar o proceso de forma eficiente e eficaz, tales como a toma de decisións, iniciativa, resistencia á frustración,  etc.

Estes contidos trabállanse en talleres grupais que se acompañan con titorías individualizadas donde se fará unha diagnose expecializada e individualizada ademais de acompañamento no desenvolvemento do proxecto empresarial.

 

Taller estudo de mercado. Vives Emprende

Arquivos descargables