O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O comercio local sorteará 80 cestas regalo entre a clientela este Nadal

| compartir:

O Concello presenta a súa campaña de apoio ao comercio local en Nadal. Baixo o lema de toda a programación no comercio tamén teremos "Un Nadal de noso" que este ano sorteará case 80 cestas de produtos de alimentación entre a súa clientela. 

Podes consultar as bases da campaña e a lista de todos os locais participantes premendo aquí

Cada un dos establecementos participantes recibirá unha caixa con produtos de alimentación que achega o concello e dende o 15 de decembro ata
o 5 de xaneiro
repartirá boletos entre os seus clientes polas compras realizadas, ata un máximo de 3.000 rifas.

O 5 de xaneiro haberá un sorteo en cada local participante e un dos seus clientes recibirá o premio. Case un centenar de tendas de Teo repartirán cadansúa cesta de regalo.

María López, concelleira de Promoción económica, destaca que “o noso apoio ao comercio e a escoita das súas necesidades é constante e en
Nadal, un momento de moitas compras, esta axuda do Concello é un empurrón ao traballo incansable que realizan todo o ano para manter vivo o noso territorio”.

Esta mañá no Concello presentaron a campaña a concelleira de Promoción Económica, María López, con persoas da directiva da Asociación de Empresarios de Teo (AET), concretamente con Alexander Dubra, presidente, e Yolanda Tejo, vogal da entidade. 

Nos últimos meses mantense un contacto estreito e habitual coa Asociación de empresarios de Teo creada recentemente. Froito desta conversa permanente nace esta campaña de apoio ao sector. En paralelo e en colaboración coa entidade tamén se está facendo un reparto de moqueta vermella para poder colocar no exterior dos locais comercias. A alfombra foi facilitada á asociación dende o Concello. Deste xeito colabórase con que o exterior dos establecementos nestas datas teñan un ambiente festivo. 

A listaxe dos establecementos participantes vai dende tendas de alimentación, florarías, mercerías, clínicas, servizos para o fogar, estancos e lotarías, enmarcación, fotogragía e instrumentos, xardinaría e produtos agrícolas, ópticas, salóns de peiteado e estética ou librarías e material didáctico. Un escaparate de todo o que podemos atopar en Teo e onde podemos mercar os produtos e agasallos este Nadal. 

Mercado nos Tilos o domingo 18

O domingo 18 tamén teremos o tradicional mercado de Nadal nos Tilos. Estará aberto dende as 11:30 ata as 19:30 horas e contará con postos de alimentación, viños teenses, artesanía, florarías... 

O mercado terá tamén cantina e música en directo e estará instalado na praza circular da urbanización. As crianzas poderán desfrutar dunha noria artesanal. 

Nos Tilos funciona cada sábado o mercado do alimento labrego. Este mes de decembro varía o seu funcionamento habitual polas festas. Deste xeito teremos mercado labrego os sábados 10 e 17 no horario habitual de mañá e os venres 23 e 30 ata as cinco da tarde. 

 

bases

 

cestas

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
ListaEstablecementos_nadaldenoso.pdf 1.94 MB