O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O programa de educación familiar traballa para que todas crianzas teñan un Nadal con agasallos

| compartir:

O Nadal é un momento no que se alguén desfruta son as crianzas. Mais nun contexto económico coma o actual, cunha forte subida de prezos xeneralizada, en moitas vivendas seguramente haxa que facer axustes económicos.

Dende a área de Benestar e concretamente dende o servizo de educación familiar do Concello traballan todo o ano para atender ás familias vulnerables e en decembro poñen en marcha a campaña Nadal con agasallos. Esta iniciativa busca que todas as familias teenses con crianzas teñan un nadal con agasallos.

Durante o mes de decembro poderedes atopar vales de 5 euros nos seguintes establecementos colaboradores: A Vagoneta Educativa, A Librería d’Ana e Multicentro Pernas. O importe ingresado por eses vales utilizarase para mercar regalos nestes mesmos locais.

En anos anteriores xa se realizou esta campaña e a clientela dos tres establecementos responderon moi
ben. Confiamos en que neste Nadal as familias que non estean pasando apuros económicos volvan a amosar a
súa empatía e xenerosidade.

Cunha achega de 5 euros podes colaborar en que a mañá de Reis sexa unha mañá chea de maxia.

campaña nadal