O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

REMATAN AS OBRAS DE INSTALACIÓN DE DÚAS MINI PISTAS, DE BÁSQUET E FÚTBOL SALA, EN MONTOUTO

| compartir:

O Concello de Teo vén de rematar a instalación de dúas mini pistas de deporte en Montouto. Esta mañá o concelleiro de Servizos Básicos, Xurxo Francos, e o de Deportes, Jorge Carballido, visitaban a instalación que xa se pode usar a falta de pequenas cuestións como o limpeza das pistas que está previsto facer nesta xornada. Segundo explica Xurxo Francos “esta mesma semana remataron os traballos e retiráronse os valados de obra que impedían o acceso e xa se nota o interese que había por comezar a usala”.

No lugar colocáronse dúas mini pistas, unha de básquet e outra de fútbol sala, en distintas alturas para corrixir a inclinación do terreo. Precisamente aproveitando a escaleira entre as dúas pistas fíxose unha pequena grada de obra. Dende Servizos Básicos, departamento que coordinou os traballos, destácase que “tanto as porterías como as canastras son antivandálicas e todo o perímetro da pista está pechado polos laterais con malla de simple torsión e por riba cunha tea sintética para impedir que os balóns saian da instalación”. As pistas están colocadas ó carón da AC-841, unha vía con bastante tráfico, polo que pareceu convinte a instalación desta malla protectora para  evitar que os xogadores e xogadoras teñan que saír a buscar os balóns.

 

A soleira das canchas é de formigón pulido e armado e na parte superior das pistas fíxose un pequeno muro de contención para conter o terreo. O acceso é adaptado cumprindo a normativa vixente tanto na pendente da rampa coma no ancho das portas. As mini pistas están colocadas nunha zona moi poboada e con moitas familias con nenos/as e mozos/as polo que esta instalación era moi demandada. De feito “a colocación do equipamento así como a instalación doutros elementos como unha mesa de ping pong ou unha fonte, aínda pendentes, foron consensuados coas comunidades de propietarios e coa asociación de veciños.

teo