O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O DEPARTAMENTO DE BENESTAR QUERE PÓR EN MARCHA UN PROGRAMA DE EXERCICIO FÍSICO E PSICOSOCIAL PARA ENFERMOS CRÓNICOS

| compartir:

O Departamento de Benestar do Concello de Teo, dirixido por Ignacio Iglesias, está preparando un programa de actividade física para enfermos crónicos e os seus familiares. O deseño do programa Bule con Alcer  estase realizando coa colaboración de Alcer, Asociación para a loita de enfermidades do ril.

Segundo indica o edil a intención é que as clases poidan comezar no mes de outubro e neste momento aínda hai prazas polo que as persoas que queiran asistir poden chamar ao teléfono 981 809 707. A actividade será gratuíta e está dirixida a calquera persoa maior de 18 anos cunha enfermidade crónica e os seus familiares.

 

O formato deste programa atenderá moito máis ca actividade física xa que se farán accións na natureza como camiñatas e traballarase en hábitos de vida saudable, habilidades sociais ou desenvolvemento persoal.

Máis información sobre o programa Bule con Alcer

 

Inglés para maiores

 

Por outra banda dende Benestar tamén se vén de asinar un convenio de colaboración con Gola, unha escola na que grandes e pequenos aprenden inglés dun xeito divertido. A través desta colaboración daráselle a oportunidade a un grupo de 12 persoas maiores de 60 anos de aprender un novo idioma. As persoas interesadas en asistir a esta actividade gratuíta poden chamar aos servizos sociais ao 981 809 707 e indicalo. As clases serán os venres de 19:30 a 20:30 horas e non hai que levar ningún tipo de material. A aprendizaxe farase dun xeito dinámico e divertido a través da conversa. A colaboración con Gola tamén permite que haxa alumnado infantil que asiste ás clases derivado dende o departamento de Benestar.

teo