O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO DENUNCIA O ROUBO DE MATERIAL DO SERVIZO MUNICIPAL AUGAS DE TEO POR UN VALOR SUPERIOR AOS 8.000 EUROS

| compartir:

Dende o Concello de Teo presentouse denuncia denuncia nos últimos días por un roubo de material do servizo municipal de augas Augas de Teo por un valor superior aos 8.000 euros. O roubo foi o 15 de outubro pola tarde nun local anexo a un dos depósitos municipais de auga, concretamente o dos Tilos.

A xestora anterior do servizo viña utilizando este lugar como almacén e nunca se tiña rexistrado ningún incidente deste tipo. O material que desapareceu foron principalmente pezas metálicas para a conexión de rede, tanto de abastecemento como de saneamento (codos, manguitos…) Trátase de pezas que non son de uso doméstico pero que pola súa calidade teñen un alto valor no mercado. Segundo explica o rexedor teense “roubaron material para o funcionamento normal do servizo durante aproximadamente tres meses”. A estas pezas súmanse tamén tres máquinas cortadoras valoradas en 1.000 euros cada unha.

 

Nestes días xa se está realizando o traslado de material, así como vehículos, maquinaria… á nave do servizo de Augas de Teo. A instalación está situada en Montouto e nela “extremaranse as medidas de seguridade por tratarse dun servizo básico e pola preocupación que nos xenera este incidente nos primeiros días de funcionamento do servizo” indica o alcalde de Teo.

 

A denuncia tramitouse diante da garda civil en Santiago, xa que o lugar do roubo está no termo municipal compostelano. Segundo os datos cos que conta o Concello a investigación segue aberta.

teo