O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O PLENO DO CONCELLO DE TEO VOTARÁ UNHA MOCIÓN CON MOTIVO DA MARCHA ESTATAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

| compartir:

A corporación teense reúnese este xoves 29 de outubro en sesión ordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

Un dos asuntos que se votará será unha moción con motivo da marcha estatal contra as violencias machistas que chegará a Madrid o 7 de novembro. Na proposta lémbrase o importante papel que deben ter os Concellos no fomento da igualdade así como a responsabilidade doutras administracións como a Xunta, o Estado e a Unión Europea na loita contra a violencia machista.

Outro dos puntos de debate será a votación do recurso de reposición presentado polos traballadores municipais contra a suspensión temporal do artigo 116 do acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario que regula os incentivos á prexubilación.

A orde do día ten os seguintes puntos:

  •  Aprobación das actas das sesións do 31/08/15 e 24/09/15.
  • Dar conta das resolucións da alcaldía (da 736/15 á 848/15)
  • Dar conta do cumprimento de prazos de pago das operacións comerciais, 3º trimestre de 2015.
  • Comparecencia do Sr. Alcalde relativa ás axudas para a prevención de incendios.
  • Ditame da proposta da alcaldía de reintegro da liquidación definitiva da participación nos tributos do estado do ano 2013.
  • Ditame da proposta da alcaldía de desestimación de recurso de reposición contra a suspensión temporal do artigo 116 do acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario do servizo ao servizo do Concello de Teo.
  • Ditame da moción de Son de Teo-Anova en apoio das persoas afectadas pola talidomida.
  • Ditame da moción conxunta dos grupos municipais de Anova e PSdeG-PSOE con motivo da marcha estatal contra as violencias machistas.
  • Ditame da moción do PP en apoio á mocidade emprendedora e para a promoción da formación e do emprego.
  • Ditame da moción do PP para a promoción do leite galego.
  • Ditame da moción do grupo mixto para a promoción do ano 2016 como ano das Irmandades da fala.
  • Mocións.
  • Rogos e preguntas.
teo