O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A atención sanitaria de Pontevea farase temporalmente no centro de saúde de Cacheiras

| compartir:

O Sergas vén de comunicar ao Concello que nas vindeiras dúas semanas a atención sanitaria do consultorio de Pontevea se vai trasladar ao centro de saúde de Cacheiras. Dende os servizos técnicos municipais trasladouse a necesidade de acometer unha obra no edificio de Pontevea que fai inviable continuar coa actividade asistencial alí neste momento. Esta mesma mañá visitaron o imoble técnicos da Xunta e representantes municipais.

A decisión temporal, adoptata polo Sergas, é que durante as próximas dúas semanas a atención sanitaria que se presta en Reis se faga en Cacheiras, co persoal do consultorio de Pontevea. A obra que hai que realizar en Pontevea é de bastante envergadura polo que a previsión é que non se poida atender alí durante varios meses.

O Sergas está en comunicación co Concello para ver onde se fará a atención sanitaria aos doentes dese cupo durante este tempo.

Sergas