Escolas deportivas e culturais para o curso 2022-23

26-08-2022
escolas

Publícase a oferta de actividades deportivas  e as actividade culturais para o curso 2022-23 para facilitar a xestión das persoas e familias á hora de programar o vindeiro curso. O primeiro prazo de inscrición comezará o 1 de setembro e estenderase ata o vindeiro 13 do mesmo mes no Rexistro Xeral do Concello e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello.

Para o segundo e terceiro período do curso abrirase un período de inscrición no caso de quedar vacantes na primeira quincena de xaneiro e na primeira quincena de marzo respectivamente.

Pódense consultar as listaxes a partir do 15 de setembro en www.teo.gal ou nos departamento de Cultura ou Deportes e nas súas redes sociais. No caso de haber máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo público na Casa do Concello (a data do sorteo publicarase coas listaxes o día 15). As listaxes definitivas publicaranse o 29 de setembro.

A efectividade da matrícula farase mediante o pago da taxa correspondente entre o 19 de e o 26 de setembro. Previamente enviarase por correo electrónico o documento de pago. Pode consultar as exencións e bonificacións no departamento correspondente e, no caso de ter dereito á bonificación é obrigatorio presentar a documentación xustificativa no momento da inscrición.

Coma todos os anos, haberá actividades para  persoas adultas e para a rapazada.

Para as actividades ofertadas na piscina cuberta da Ramallosa (excepto as escolas de nenos/as de natación) debe consultarse a inscrición, os horarios, prezos e demais información na propia instalación (981 803 922).

Pódense descargar aquí:

- Folla de inscrición das escolas deportivas para a rapazada

- Folla de inscrición das escolas deportivas para persoas adultas

- Folla de inscrición das escolas culturais