O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Preséntase en Teo o libro das "paroladas" de Avelino Pousa Antelo

| compartir:

O Concello de Teo acolle acolle a presentación do libro As paroladas de Avelino Pousa Antelo na Radio Galega editado por Valentín Arias López e X. Amancio Liñares en Medulia editorial. A obra edítase este ano, "coincidindo co décimo aniversario do falecemento do mestre galeguista e agrarista" como indica o editor e recolle as intervencións de Avelino na Radio Galega. 

O acto de presentación será na Mediateca do Grilo o xoves 16 de xuño ás 20:00 h. e o acceso é libre.

Na presentación participan as seguintes persoas: Rafael Sisto, alcalde de Teo; Amancio Liñares, co-editor do libro; Nora Pousa, filla de Avelino, Lourenzo Fernández Prieto, Catedrático da USC e Baldomero Iglesias, Xoán X. Fernández Abella e David Otero da Irmandade Avelino Pousa Antelo.

Avelino Pousa Antelo foi recoñecido como Fillo adoptivo do Concello de Teo no pleno do 30 de agosto  ano 2007. Como lembra o alcalde de Teo no prólogo do libro, con aquela iniciativa "recoñecíase en Avelino o extraordinario prestixio tanto no mundo cultural como agrario, e o seu relevante labor como Presidente da Fundación Castelao".

Este ano, no décimo aniversario do seu pasamento, temos unha nova oportunidade de honrar a súa memoria. 

avelino