O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A escola de familias falará da seguridade na rede

| compartir:

O sábado 21 de maio, de 11.30 a 13.30 horas, teremos no Auditorio Constante Liste unha nova sesión da Escola de Familas que abordará a Seguridade na rede e o uso axeitado e crítico das novas tecnoloxías. Trátase dun tema de moito interese para as familias con crianzas xa que o uso de teléfonos, tabletas e pantallas é unha realidade dende moi cedo e un reto que as familias deben atender. 

A sesión contará coa presenza de Jose Torres Meira, experto en investigación e ciberciencia, investigador no programa Sentidiño na Rede, que ten como obxectivo proporcionar información relevante para desenvolvernos en Internet con seguridade, aproveitando o mellor da rede pero coñecendo e minimizando riscos.

Algúns dos temas que se tratarán na sesión:

- Telefonía móbil: seguridade nos dispositivos, proteción da información.

- Xeolocalización e redes wifi.

- Mensaxería instantánea móbil: Whatsapp, Telegram...

- Proteción da intimidade e da privacidade.

- Pegada dixital.

- Redes sociais e videoxogos.

María López, concelleira de Educación, destaca que esta nova charla "está dirixido a familias, docentes e profesionais vinculadas á educación, así como os corpos de seguridade pública, xa que nos parece que se vai impartir contido de moito interese para, entre todas, protexer mellor aos menores".

Para asistir é necesario incribirse no formulario en liña que podes atopar premendo aquí

A escola de familias é un lugar de encontro para familias na que xa se falou de temas como a regulación emocional das persoas adultas, o paso de primaria a secundaria, a educación afectivo-sexual entre outros... 

 

escola

redes