Pecha a inscrición nos campamentos de verán e nos campamentos rurais

05-05-2022
parkour

Mocidade oferta campamentos de verán para a rapazada, en xullo serán actividades en horario de mañá en Teo e en agosto serán os tradicionais campamentos fóra do Concello.

O campamento xuvenil celebrarase do 2 ao 10 de agosto e está dirixido a nenos/as nados/as entre o 2005 e o 2009. (AVISO. No 13 parroquias de maio ía mal o dato dos anos dos/as participantes do campemento xuvenil xa que indicaba que eran nados entre o 2015 en vez de o 2005).

O campamento infantil farase do 11 ao 19 de agosto e está dirixido a persoas nadas entre o 2010 e 2015.

Estes campamentos faranse, como en anos anteriores, en Oleiros. 

A inscrición estará aberta do 23 de maio ao 3 de xuño e haberá que formalizala entregando a ficha de inscrición no Rexistro do Concello ou a través da Sede electrónica.

No caso de ter máis solicitudes ca prazas o sorteo público será o día 9.  A listaxe de persoas admitidas publicarase o 13 de xuño. O custo do campamento é de 90 euros.

Consulta aquí máis información sobre o campamento xuvenil e descarga a ficha de inscrición 

Consulta aquí máis información sobre o campamento infantil e descarga a ficha de inscrición 

Campamentos rurais en xullo.

En xullo están programados os campamentos rurais para rapazada de 12 a 18 anos (nados a partir do 2010) en horario de 10 a 14 horas.

Cada semana farase dun tema e nun lugar distinto e ofértanse 20 prazas agás a última semana que serán 12. 

Do 4 ao 8 de xullo farase  Escola ecoloxista na Casa Común de Cacheiras.

Do 11 ao 15 de xullo haberá Parkour na Casa Común de Rarís.

Do 18 ao 22 de xullo haberá circo no Pavillón/Parque de Calo.

Do 26 ao 29 de xullo traballarán sobre Arte e natureza na Casa Común de Francos.

A inscrición hai que facela por rexistro, ben nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica do 23 de maio ao 3 de xuño.

O custe dos campamentos rurais é de 20 euros por semana.

Consulta aquí máis información sobre os campementos rurais e descarga a ficha de inscrición