O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celébrase o pleno ordinario do mes de abril

| compartir:

O mércores 27 de abril celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Un dos puntos que se debaterán será a modificación da ordenanza que regula o prezo das escolas infantís para poder aprobara a gratuídade da atención educativa a partir do próximo curso. Esta bonificación, impulsada dende a Xunta de Galicia, non afectará a servizos como o comedor nas escolas infantís que se seguirá cobrando en función da renda.

Na sesión tamén se votará a aprobación do Plan Director do Parque Compostela Rupestre ou a proposta de comprar o local da antiga Cámara agraria, situada na Ramallosa, por un importe de 63.000 euros. Esta é a cifra na que tasou a Xunta o inmoble, que é a propietaria do mesmo.

Orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 23/02/2022.
  2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 408/22 á Res 528/22).
  3. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación da modificación da ordenanza reguladora do prezo público por utilización das escolas infantís.
  4. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do Plan Director do Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre.
  5. Ditame da proposta da alcaldía de cambio de uso da parcela dotacional P1 do Plan Parcial Parque Montouto.
  6. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do proxecto modificado da obra "Reurbanización do núcleo de Cachóns. Santa Baia de Oza" do POS+22.
  7. Ditame da proposta da alcaldía de corrección do erro material no acordo plenario do 2 de febreiro do POS+22.
  8. Ditame da moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE solicitando a comparecencia do alcalde sobre contrato de xestión do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria no Concello de Teo.
  9. Proposición da alcaldía sobre a adquisición do inmoble da antiga Cámara agraria local.
  10. Mocións.
  11. Rogos e preguntas.

 

pleno