O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Aberto o prazo de novo ingreso nas escolas infantís municipais

| compartir:

O Concello abre o prazo para solicitar praza nas escolas infantís municipais (EIMs) de Teo para o vindeiro curso 2022-23. Teo conta con tres centros públicos, as escolas infantís de Calo, Os Tilos e A Ramallosa.

Novo ingreso

Por outra banda, o prazo para solicitar praza de novo ingreso nas EIMs será dende o día 16 ata o 31 de marzo (ambos incluídos). Esta é a modalidade para as crianzas que non estean asistindo a ningunha das escolas, xa nados ou que teñan unha data prevista de parto que sexa anterior ao 1 de xuño. Os impresos poderanse recoller nas escolas infantís municipais, nos servizos sociais ou descargar premendo aquí. As correspondentes solicitudes poderán presentarse tanto no Rexistro Xeral do Concello como a través da sede electrónica.

Descarga aquí o impreso de solicitude de novo ingreso

No caso dos solicitantes de novo ingreso, a solicitude debidamente cuberta, deber ir acompañada da seguinte documentación mínima: fotocopia do libro de familia; fotocopia do DNI de ambos membros parentais ou responsables legais; declaracións da renda do exercicio anterior ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se fagan constar os ingresos da persoas responsables legais.

E en casos nos que se deba xustificar algunha circunstancia específica pode ser preciso achegar: libro de familia numerosa; certificado de cualificación da discapacidade e/ou informe médico de saúde; informe do equipo de valoración da discapacidade, en caso de prazas de integración; xustificación de familia monoparental (núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análogo á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento) ou outros documentos nos que consten incidencias familiares económicas e sociais puntuables no baremo.

Renovación

O prazo para solicitar a renovación nas escolas vai dende o 1 ao 15 de marzo. A reserva é para as crianzas que xa están asistindo a algunha das escolas e cuxos membros da unidade familiar se atopen empadroados no Concello. Neste caso os impresos de solicitude xa serán entregados nas escolas pero deberanse entregar por Rexistro, ben a través da sede electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello nas oficinas municipais. 

Reunión informativa

O 15 de marzo farase unha reunión informativa dirixida aos novos e novas solicitantes para explicar o funcionamento das escolas, sobre o proceso de acceso ou solventar dúbidas. A xuntanza será no salón de plenos ás 19:00 horas e non é preciso anotarse. 

Este ano farase tamén unha visita ás instalacións para que as familias poidan coñecer as instalacións. Será o sábado 19 de marzo e para asistir hai que escribir a eimteo@teo.gal indicando os datos e un teléfono de contacto.

Os horarios das visitas son os seguintes:

  • Escola infantil de Calo 10:00 h. Ubicación premendo aquí
  • Escola infantil da Ramallosa: 11:00 h. Ubicación premendo aquí
  • Escola infantil dos Tilos: 12:00 h. Ubicación premendo aquí

Para calquera consulta ou dúbida sobre este procedemento poden dirixirse ao correo electrónico: eimteo@teo.gal ou aos seguintes teléfonos dos Servizos Sociais: 881 819 356 ou 981 809 707.

 

escola infantil

Arquivos descargables