O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Os Reis Magos recibirán á cativada na Ramallosa

| compartir:

Os Reis Magos visitarán Teo na tarde do 5 de xaneiro e volverán a recibir aos pequenos/as da casa. A previsión é retomar a ruta habitual e que visiten varios lugares do concello, en colaboración coas asociacións e rematar no Pavillón Ezequiel Mosquera, na Ramallosa. Sen embargo, a situación sanitaria obriga a minimizar o contacto con Melchor, Gaspar e Baltasar e o percorrido polo Concello farase sen paradas.

Se queres ver aos Reis Magos na Ramallosa tes que inscribirte. Podes facelo premendo aquí.

A inscrición abrirá ás 20:00 horas de hoxe xoves 30 de decembro.

Os Reis Magos chegarán á estación de Osebe sobre as 16:39 horas. Aquí as persoas que se acheguen non poderán tocarlles xa que farán o percorrido ata o bus por un paseo perimetrado por valos. O público deberá  manter a distancia de seguridade entre as distintas unidades familiares ou grupo de convivintes.

A continuación subirán ao bus histórico no que pasean habitualmente por Teo. Achegaranse ao exterior do centro da SR de Calo, do CC da Pontevella e pasarán tamén polo exterior do Centro Comercial dos Tilos e farán o percorrido cara a Ramallosa pola Travesía de Cacheiras.

Ás 18:15 horas está previsto que chegue a comitiva real ao pavillón onde a cativada poderá velos e recibirá un pequeno agasallo das súas maxestades. As persoas inscritas entrarán por unha porta e seguirán un circuíto marcado para poder manter a distancia de seguridade entre as unidades familiares. Durante a recepción teremos animación de rúa.

Inscrición

Para asistir ao pavillón da Ramallosa haberá que inscribirse previamente nun formulario premendo aquí. As persoas que non teñan reserva no poderán acceder ao recinto.

Debe facerse unha inscrición por cada persoa que asista e non por unidades famliares. Realízase así para poder ter controlado o aforo do espazo.

Lembramos tamén que será preciso que as persoas adultas e os/as nenos/as maiores de 12 anos amosen o seu certificado covid.

HORARIOS DA CABALGATA
16:39 Estación de Osebe
16:55 Exterior do Centro da Asociación SR de Calo
17:20 Exterior do Centro Cultural da AC A Pontevella (Reis)
17:40 Exterior do Centro Comercial e zona dos Tilos.
18:00 Percorrido pola Travesía de Cacheiras.
18:15 Encontro cos Reis Magos no Pavillón Ezequiel Mosquera.

AVISO: tendo en conta a situación epidemiolóxica a visita dos Reis Magos a Teo pode sufrir modificacións. No caso de que sexa así informarase dos cambios a través da web teo.gal e das redes sociais municipais.

cabalgata