14-12-2021

Este domingo 19 teremos Mercado de Nadal nos Tilos. Será unha boa oportunidade para facer as últimas compras antes das festas. Os postos, coma o ano pasado, estarán colocados na Praza circular dos Tilos dende as 11:30 ás 19:30 horas. E teremos música en directo, brinquedos para xogar e unha noria para as crianzas.
Os postos participantes ofertarán alimentación, xoieiría, instrumentos tradicionais, ebanistería, xoguetería, florarías ademais das adegas de Teo da DO Rías Baixas e dos postos do Mercado do alimento labrego.
A listaxe dos postos é a seguinte:
- Panadería Pastelería Elvira.
- Brigantia Orfebres.
- Gaitas e Frautas galegas Oli Xiraldez.
- Iago Salgado Instrumentos tradicionais.
- Aluma Xoias en prata.
- Floristería de Pontevea.
- TresOficios Ebanisteria e Deseño.
- Brazolinda xogos.
- "Camiño Circular S. Coop. Galega Artesáns e produtores da Estrada: Aposta pola Tradición"
Os viños teenses:
- Adega Gomez&Rial
- Adega Castro de Balar
- Adega Daniel Pernas
Do Mercado do alimento labrego de Teo estarán os seguintes postos:
- Mª Dolores Lea Santiso. Cultivo ecolóxico certificado.
- Da leira de Anita.
- Casa do Campo.
- "Casa de Labranza Hortas da Ulla".
- A Horta da señora Carmen.
- A horta de Nuria e Quíque.