O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A campaña de apoio ao comercio local repartirá máis de 6.000 euros en rascas

| compartir:

A Campaña de apoio ao comercio e a hostalaría local de Teo repartirá este Nadal máis de 6.000 euros en vales de 50 euros. Un total de 70 establecementos participan nesta iniciativa que permitirá premiar aos consumidores e aos locais xa que o premio hai que gastalo nalgún dos comercios adheridos.

Os comercios participantes entregarán cupóns de rasca e gaña por compras iguais ou superiores a 10 euros ata un máximo de 5 cupóns por compra. Os cupóns terán un apartado no que a clientela deberá rascar para ver se é gañadora dun dos vales premidados con 50 euros. Os cupóns premiados terán a palabra "Premio" mentras que os non premiados terán a frase "Grazas por participar". Os cupóns comezarán a entregarse no comercio local dende o venres 10 de decembro.

Entre todos os vales entregados inclúense 128 unidades que conteñen un premio de 50 euros cada unha.

Os vales premiados poderán ser usados dende o momento que o conseguen ata o 31 de xaneiro de 2022, realizando unha única compra nun dos locais participantes na campaña. A contía do vale non poderá ser dividida para gastar en diferentes compras. 

María López, concelleira de Desenvolvemento Local, destaca "a importancia de apoiar a un sector coma o comercio e a hostalaría local". Ademais o consumo local "é o máis sostible e respetuoso ademais de ser coresponsable tamén co propio sector produtivo máis próximo".

 

Establecementos adheridos

Dentro dos establecementos adheridos a esta campaña temos unha ampla oferta de servizos. Contamos con locais de alimentación, carnicerías, panaderías, froiterías, tendas de artigos e produtos do fogar, florarías, enmarcación e venda de arte, librería, mercerías, ópticas, salóns de peiteado e estética, servizos para o fogar, xardinaría e produtos agrícolas, ximnasios e gasolineiras. Nesta edición da campaña 2021 tamén participan servizos de aloxamento e locais de restauración. Sen dúbida unha ampla oferta comercial na que facer as compras habituais e moitos dos agasallos deste Nadal. 

Podes consultar a relación completa de comercios adheridos premendo aquí

 

 

bases        relacion comercios

rasca

Arquivos descargables