O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Mercado de Nadal nos Tilos

O domingo 19, de 11:30 a 19:30 horas, teremos de novo Mercado de Nadal nos Tilos. Unha boa oportunidade para mercar os últimos agasallos antes das festas. Haberá postos de artesanía, viños teenses e sidra da Comarca do Ulla, produtos de panadaría, floraría, librarías e mercado labrego. E para animar a xornada haberá obradoiros para a cativada e carrusel ademais dunha cantina.

Podes consultar a programación completa de Nadal premendo aquí

Mercado Nadal Tilos
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia