O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Circuíto Galego de Teatro Amador: "Mamá" de Farándula Teatro

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal de Teo
Como chegar

O teatro amador galego ten unha cita destacada na nosa programación cultural deste mes. Da man do circuíto de FEGATEA, o noso escenario abre as súas portas ao mellor teatro afeccionado feito no país.

O venres 4 de decembro ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal de Teo acollerá a compañía Farándula Teatro coa súa obra «Mamá». Unha proposta chea de sensibilidade, emoción e humor que convida ao público a gozar da proximidade e da paixón das artes escénicas en estado puro.

As relacións entre nais e fillas son profundas e complexas.Mamà!! explora os matices e as arestas destas relacións a través de nove divertidas historias nas que nais e fillas se insultan,se respectan,se apertan,se pelexan,se buscan,se distancian,se ignoran,se coidan,se odian e,por supuesto ,se queren.

Unha oportunidade perfecta para apoiar o teatro feito aquí e comezar a fin de semana cultural da mellor maneira posible!

Espectáculo para todos os públicos.

Acceso libre ata completar aforo

mamá

Outros eventos por vir