O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Festival da Maxia despídese do noso concello cun broche de ouro que promete deixar ao público sen palabras. A terceira e última cita deste mes de teatro e ilusionismo chegará cargada de asombro e momentos inesquecibles para todos os públicos.
O sábado 19 de decembro ás 18:00 horas, o Auditorio Municipal de Teo recibirá a Joshua Kenneth co espectáculo «Degustación de imposibles».
Degustación de imposibles é unha obra apta para todos os públicos creada polo ilusionista guiri-galego Joshua Kenneth. Nesta selección de imposibles a realidade do público distorsiónase con impactantes elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinas. 70 minutos de asombro, humor e misterio mesturado cun pouco de historia do ilusionismo. Unha experiencia interactiva, divertida e artística que convida ao público a entrar nun mundo onde todo pode ser transformado e onde nada e imposible. Atréveste?
Non faltes á despedida dun ciclo que encheu de fantasía os sábados de decembro en Teo!
Reserva a túa praza neste mesmo espazo