O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O mércores día 2 xunto coa inaguración da exposición, levaremos a cabo un obradoiro para mulleres para coñecer máis sobre as mulleres que forman parte da exposición.
Os Eixes principais do obradoiro serán:
* Visibilización das mulleres premiadas. A exposición consta de sete paneis informativos e códigos QR que recollen a traxectoria das mulleres e entidades galardoadas nos Premios Mulleres FEMUPO entre 2022 e 2026 en ámbitos como a cultura, o deporte, a empresa ou o asociacionismo.
* Identificación de referentes propias. A través de dinámicas como «As mulleres que fan o noso Camiño», as persoas participantes escriben o nome e unha dedicatoria dedicada a unha muller referente da súa contorna persoal ou local para crear un mural colectivo (como a proposta das cunchas).
* Concienciación ambiental (Cada residuo no seu Camiño). Os talleres inclúen actividades prácticas orientadas á reciclaxe e á protección do patrimonio natural e cultural vinculadas ás rutas xacobeas.
* Metodoloxía inclusiva e itinerante. O programa contempla a realización de vinte talleres adaptados a centros educativos, asociacións de mulleres, persoas maiores e colectivos en situación de vulnerabilidade en concellos do Camiño Portugués e do Camiño Portugués pola Costa (como Mos, Baiona, O Porriño, Portas, Oia ou A Guarda).
Para poder participar, teredes que anotarvos na páxina de teo.gal