O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Teo asumiría o custo íntegro da liña 12 para que a súa veciñanza poida seguir empregando este servizo

| compartir:

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, acudiu esta mañá a unha nova convocatoria da Comisión de Seguimento do convenio de transporte público con orixe ou destino a Os Tilos, onde salientou que o seu Concello estaría disposto a asumir o custo íntegro do mantemento da liña 12 que une Os Tilos cos hospitais en favor da súa veciñanza. 

Nesta xuntanza, analizouse o estudo económico presentado polo Concello de Santiago de Compostela sobre os custos das liñas 6 e 12. Sobre isto, a rexedora teense manifestou que non se opón aos cambios coa liña 6 pero exixe que se manteña a 12, posto que se trata dunha liña moi usada pola veciñanza de Teo para poder ir á capital e, concretamente, aos hospitais Provincial e Clínico. 

Agora, o Concello de Santiago deberá decidir se acepta esta proposición por parte de Teo e comunicalo á Xunta de Galicia e ao municipio teense. No caso de non ser favorable, o Goberno teense forzará o cumprimento do convenio, que lembramos que está vixente ata setembro do ano 2028.

FOTO