O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

MÚSICA CON OUTRA VIDA. Obradoiro familiar de instrumentos con materiais de refugallo

Data e hora

Localización
Explanada Casa Común de Oza
Como chegar

Prazas dispoñibles
16
Inscribirse

Prazas por persoa
2

MÚSICA CON OUTRA VIDA
Obradoiro familiar de instrumentos con materiais de refugallo

Antes de tirar algo, podemos probar como soa! Neste obradoiro de Teo Circular transformaremos materiais de refugallo en instrumentos musicais, descubrindo as posibilidades que agochan cousas que xa non usamos.

Unha proposta para crear en familia, experimentar cos sons e compartir unha tarde facendo música coas nosas propias mans. Porque para empezar a tocar, tamén podemos empezar por construír.

Domingo 22 de novembro, de 18.00 a 19.00 h.
Para familias con nenas e nenos a partir de 4 anos.
 

Observacións
Só é preciso inscribir os menores.
As persoas adultas acompañantes non deben inscribirse nin ocupan praza, xa que o material se comparte por grupo familiar.
Inscribirse
casa

Outros eventos por vir