O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Con motivo da convocatoria de eleccións ás Cortes Xerais que se celebrarán o 29 de novembro de 2026 infórmase de que o censo electoral estará exposto do 12 ao 19 de outubro (ambos inclusive) para realizar consultas ou reclamacións. Tamén estarán expostas nese mesmo período as mesas electorais correspondentes ao Concello de Teo.
Os interesados poderán achegarse ata o Concello para consultar o censo ou chamar, de balde, á Oficina do Censo Electoral para os electores nos números 900 343 232 ou 981 217 439.
A consulta do censo é de especial interese para as persoas que veñen de cumprir os 18 anos e poden votar por primeira vez ou cambiaron de enderezo recentemente. De feito, cabe sinalar que, aquelas persoas que se empadroaron en Teo a partir do 31 de xullo de 2026 (o propio 31 incluído) deberán votar no concello de procedencia ou facelo por correo. O voto por correo pódese solicitar ata o 19 de novembro e presentar en calquera oficina postal atao 25 de novembro.
Así mesmo, no Concello tamén poderedes solicitar o impreso de solicitude de exclusión das copias do censo electoral que se entregan aos representantes das candidaturas proclamadas para o envío da propaganda electoral.
Así, os solicitantes non recibirán propaganda electoral ás súas casas.