O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron hoxe, no Auditorio da Ramallosa, a mostra «Castelao grafista (facsímile)». O acto institucional contou coa presenza de Lucía Calvo de la Uz, alcaldesa de Teo; Margarita Rosende, concelleira de Cultura; Jesús Manuel García Rey, director da oficina de ABANCA en Teo; Paloma Vela Garicano, coordinadora adxunta da área de Cultura de Afundación.
A exposición componse dunha escolma rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración. O seu interese pola palabra e pola imaxe consolidouse nas colaboracións que, a partir de 1924, empezou a publicar en medios como Galicia, Faro de Vigo ou Vida Gallega, nas que a ilustración e o texto reflicten a ácida crítica dun Castelao cada vez máis comprometido. Esta forma de arte e denuncia acabaría articulando obras tan relevantes como Cousas da vida (1930) e os álbumes de guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938).
No ano 1945, tras case unha década vivindo no exilio, Castelao rematou o que sería considerado como o seu testamento pictórico, A derradeira leición do mestre, unha tea na que se retoma unha ilustración de guerra elaborada en 1937. Nela, Castelao funde ilustración e pintura en homenaxe ás mestras e mestres asasinados tras o golpe de Estado de 1936.
A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación e debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao. Ademais, poderanse ver retratos fotográficos, caricaturas, debuxos e portadas de revistas ata o vindeiro 13 de novembro, de luns a venres, en horario de 9.00 a 15.00 horas.