O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Abre o prazo para anotarse no Diverteo de setembro

| compartir:

O Departamento de Benestar abreu o prazo para solicitar o Diverteo Setembro, que se realizará do 1 ao 8 de setembro, 6 días lectivos. Trátase dun programa de conciliación que se oferta nos períodos de vacacións escolares e que vai dirixido a crianzas escolarizadas nun CEIP ou CRA que teñan entre 3 e 12 anos, preferentemente empadroadas no concello de Teo. A actividade faise nos CEIPs de Calo, A Ramallosa e Os Tilos en horario de mañá, de 07:30 a 15:30 o servizo completo con comida e só ata as 14:00 horas sen xantar. 

A inscrición está aberta do 26 de xullo ao 6 de setembro e para anotarse hai que entregar a ficha de inscrición e a documentación solicitada no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede electrónica. A documentación obrigatoria é a seguinte: 

  • Folla de inscrición.
  • Foto tamaño carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Declaración responsable para a participación no Diverteo 2021-2022

Tamén hai documentación adicional que se entragará segundo o caso da persoa solicitante:

  • Informe médico que corresponda en relación a enfermidades específicas que precisen dunha atención especializada (de ser o caso
  • Documentación xurídica suficiente para demostrar a retirada da garda e custodia a algún dos proxenitores (de ser o caso).
  • Xustificación de familia monoparental (de ser o caso). 
  • Declaracións da renda do exercicio 2020 ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais (no caso de ter dereito a bonificación).

A listaxe provisional publicarase o 10 de agosto na web municipal e no taboleiro do concello. As listaxes publicaranse cun código para preservar os datos persoas das crianzas. O número identificativo será o número de rexistro da solicitude. O pagamento realízase do 10 ao 20 de agosto, unha vez que se comprobe a asignación da praza coa publicación da lista provisional. A listaxe definitiva farase pública o 24 de agosto. 

Podes descargar a ficha de inscrición premendo aquí

Se queres consultar toda a información sobre este programa, como prazos, prezos ou bonificacións preme aquí
 

Diverteo

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
FICHA INSCRICION DIVERTEO setembro.pdf 83.79 KB