O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
As Toupas de Teo, nenos e adolescentes que forman parte do Foro de participación da infancia e adolescencia do concello de Teo, animan á infancia e mocidade de Teo a participar das actividades deste grupo, o cal ten como obxectivo fundamental propor ideas e tomar decisións sobre actuacións municipais que melloren a vida da rapazada teense. Neste senso, fan un chamamento para a participación na súa primeira reunión de inicio do curso, para a cal hai que inscribirse a través do seguinte formulario que requerirá a autorización dos proxenitores.
A reunión será o vindeiro luns 19 de outubro ás 17.15 horas na Casa Común Marisa Mirás, na parroquia de Calo. As actividades, que abordan contidos relacionados cos dereitos da infancia, realízanse con carácter mensual. Ao longo do curso existen tamén outras actividades onde as propostas son trasladadas ao persoal político do concello a través de reunións do Consello Local de infancia ou na Mesa comunitaria de infancia, órganos de participación local que o concello de Teo creou para deseñar políticas e actividades que conten coa opinión das nenas e nenos de Teo.
Esta semana iníciase tamén a formación anual en dereitos da infancia que o concello pon en marcha nos centros educativos de Teo. Esta formación vai dirixida ao alumnado de 6º curso de educación primaria dos ceips de Tilos, A igrexa-Calo e Ramallosa, así como a 1º e 2º ESO do IES Cacheiras.
Ao longo de todo o trimestre, o FoPIA tamén participará en varios actos promovidos pola Xunta de Galicia e UNICEF, como o XIV Foro infantil do Parlamento de Galicia ou as VII Xornadas de Cidades Amigas da Infancia de Galicia.

| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| formulario inscrición FoPIA 26-27.pdf | 48.66 KB |